Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.335 posts
31 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: blog

  • Maio e os blog de Ribadeo

    O pasado maio marcou a paisaxe bloguera de Ribadeo. No ecosistema blogueiro, coa cantidade de bitácoras existente, pode parecer que non se nota moito a defunción de dúas, pero hai que considerar a súa importancia. En primeiro lugar, unha defunción anunciada, a de ‘Eleccións municipais Ribadeo 2011‘, que tivo a súa derradeira entrada o día…

  • De novo, un aviso

    Por ter publicado onte unha entrada por erro, aínda que corrixido logo, é posible que haxa xente que vira ‘Haberá autobuses para ir votar …‘ dun xeito totalmente incompleto.

  • A bola entrou!

    Aproveito, despois de máis de 24 horas de caída de blogger, un momentiño para indicar que o blog segue vivio. Se isto se mantén, en 2 minutos publicarei unha mini entrada… e irei preparando un blog alternativo para casos coma iste de que se quede sen servizo a ‘casa matriz’

  • Un susto

    Hoxe estivo totalmente caído o blog un bo rato, sen poder editalo nin velo: desaparecera do mapa por un problema do aloxamento, como outros moitos blogs do mesmo lugar. Unha vez recuperado, tentarei editar unha entrada como tiña previsto hoxe.

  • Municipais ribadenses 2011: un blog especializado

    Suso López é coñecido de todos. Músico da banda, presentador en múltiples ocasións, televisivo, decidíu especializarse en comunicación política, e agora anda polas cámaras madrileñas practicando. E tamén, dende onte, adicado ás eleccións ribadenses a traverso dun blog especializado nas municipais 2011. Eleccións municipais Ribadeo 2011 é o título do blog ad hoc, que neste…

  • 3 000 entradas …

    … o dato apareceu ó facer unha comprobación nunha edición dun artigo: 3 000 entradas na actualidade, sen contar ista, que é a 3 001. Dende o 11 de agosto de 2005, é dicir, en 2057 días ata hoxe, 30 de marzo de 2011, e polo tanto cunha publicación de case 1,5 artigos/día. A lembrar…

  • actualización da nota de prensa sobre a celebración dos 10 anos da Wikipedia

    Celebración dos 10 anos da existencia da Wikipedia A wikipedia é unha enciclopedia, un conxunto de enciclopedias, diccionarios e outros repositorios de coñecemento basados na tecnoloxía wiki, e de creación comunal. O próximo 15 de xaneiro cumprirá 10 anos este proxecto distribuído de coñecemento libre. O Tesón, en contacto con outros grupos ó longo de…

  • Nadie se atreve a decir en voz alta lo que todos admitimos a la hora del café…

    Collo a frase final da última entrada polo momento de Im-pulso para destacala e dicir que, aínda que foi escrita para o mundo dos traballadores periodísticos, está sucedendo a escala moito maior, e é sintomático que os mesmos traballadores dun sector cun traballo relacionado con dicir a verdade, dígana, en tal caso, ‘na hora do…

  • Medio ambiente

    Coido que é unha cousa a ter en conta en Ribadeo. Deixo en ‘publicado en Ribadeo‘ o tríptico das xornadas de medio ambiente que comezan mañá.

  • Publicado o libro da Seman Santa 2006 en Ribadeo

    Deixo a ligazón a este libro, xa vello, en Publicado en Ribadeo. Nota posterior: Por necesidade, estase a cambiar o lugar de ‘publicado en Ribadeo’. Irase poñendo nota do material e o novo lugar de publicación en http://ribadeando.blogspot.com.es/search/label/publicado%20en%20Ribadeo