-
Medio ambiente
Coido que é unha cousa a ter en conta en Ribadeo. Deixo en ‘publicado en Ribadeo‘ o tríptico das xornadas de medio ambiente que comezan mañá.
-
Publicado o libro da Seman Santa 2006 en Ribadeo
Deixo a ligazón a este libro, xa vello, en Publicado en Ribadeo. Nota posterior: Por necesidade, estase a cambiar o lugar de ‘publicado en Ribadeo’. Irase poñendo nota do material e o novo lugar de publicación en http://ribadeando.blogspot.com.es/search/label/publicado%20en%20Ribadeo
-
Os Cocos de Ribadeo, libro en internet
Remato de colgar en publicado en Ribadeo o libro ‘Os cocos de Ribadeo‘, presentado recentemente, en diferentes formatos. Aquí, os cocos na Galipedia. Ligazón á páxina Facebook ‘Os cocos de Ribadeo‘
-
Un pregón e un libro
Paso a dar o aviso de que xa está dispoñible en Publicado en Ribadeo o discurso do pregón da festa das Cruces de A Ponte, en Arante, deste ano (primeiro que se fixo pregón) e o libro sobre o Megalitismo en Trabada, ambos de Emilio Piñeiroa Lozano.
-
Ribadeo non é Asturias, un paso máis de cesión.
Remato de unirme a un grupo en Facebook, invitado por Fátima: “Ribadeo no es Asturias”. E é que resulta que, en Facebook, polo menos nalgunha situación, é asignado de xeito automático en Facebook a Asturias. Quizáis quedaría crear o mesmo grupo en galego, pero déixollo a outra xente. Se a algúen lle fai falta algunha…
-
Unha carga no verán, diversificando actividades
Deixo unha pequena nota para dicir que xa están en unha sección de publicado en Ribadeo os pregóns de diversas festas, entre eles, doce cargados onte da xira, incluído o último, de M. Carmen Rodríguez Cancelo.
-
Un país normal
O título corresponde a algo que entendo triste para unha especie de compañeiro de viaxe irmán maior, moito maior, deste blog. Vieiros. Hai uns días dábase a nova do peche desta canle informativa con visión relacionada con Galicia. É de esperar que se manteña na rede ata que remate o seu aboamento de dominio, e…
-
Periodismo preventivo
Escoitando onte radio nacional atopeime con este termo, que quixera aplicar a Ribadeo: a definición di abondo, pero é complicada. Trátase de poñer as bases, mediante as novas de prensa, para unha comprensión do que se ve abocado a pasar despois. En Ribadeo hai novas que cando aparecen, quen está informado, veas como totalmente lóxicas…
-
Un agasallo dun amigo sobre ribadeando
Ha cumpriu un ano, pero coido que recén pasados os 100 000, é o momento:
-
Mañá, 100 000 visitas a Ribadeo a traverso de Ribadeando
O blog está a chegar ó fin dunha etapa. Hai varios anos publiquei unha entrada na que facía unha declaración de intencións. Entre elas, o publicar o máis achegado posible ó día a día. Mañá con domingo seguridade pasaranse as 100 000 visitas do blog, sen contar as que se fan de segundas fontes como…
