Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: bici

  • 1º de agosto, turismo

    Deixando polo momento outras entradas pendentes, paso a poñer unha pequena ilustración da oficina de turismo hoxe. En primeiro lugar, o libro de sinaturas contra a violencia de xénero, no que esta mañá, despois de dous días da xuntanza no salón de plenos, había exactamente 45 sinaturas contando a miña, de 1800 ocos que hai.…

  • Marítima

    Despois do tema de contaminación da ría de onte, xa onte tamén se comentaba a presenza dun escualo grande fronte ás praias da costa. Hoxe renóvase a información dando unha medida de máis de 4m e especulando sobre se pode ser un tipo de tabeirón inofensivo, que será tratado de localizar e caracterizar por persoal…

  • As barbas do veciño

    Fíxome hoxe nun aviso que me chega de segundas, pola prensa, dun paseo polo casco vello de Ribadeo organizado por varias asociacións para criticar os puntos deteriorados. Comezará ás cinco da tarde na Solana e aínda que non poderei estar, que crititcar a secas paréceme negativo e coido que co que sae no blog xa…

  • O Ribadeo natural

    Onte coido que foi o día da conservación de Ribadeo. Unha nota de O Tesón dando conta dunha comunicación ó concello efectuada xa a semana pasada comezou o tema: a potenciación das vías ciclistas é un asunto pendente no concello cando se tomaron decisións hai tempo que parecía que ían no sentido de potenciar o…

  • Notas de prensa do concello

    Como non costa moito cargalas, e por fin mas envían, aí van varias notas de prensa do concello: HOXE COMENZAN OS TRABALLOS DE PINTADO DOS PASOS DE PEÓNS EN RIBADEO. Ribadeo, 14 de xullo de 2008. Hoxe comenzan os traballos de pintado dos pasos de peóns en Ribadeo, segundo ven de anunciar o alcalde, Fernando…

  • Parece contraditorio

    Pareceo. Hai novas periódicas sobre o día da bicicleta, pero non vin desenvolverse por aquí pistas para bicis. Periodicamente lanzo a idea, e parece que terei que seguir facéndoo, para ter vias para bicis en Ribadeo. É un pobo que é chan na zona urbana (na maioría da actual) e na parte máis poboada da…

  • Para os inimigos a lei, para os amigos o favor

    Onte dixéronme que o título era un dito da época da restauración. Coido que podería ser un dito de hoxe en día, e mesmo diría telo escoitado non hai moito, aplicado á actualidade. Para mín, que non se aplica só ás persoas, senón mesmo ás cousas. As tres fotos de hoxe manifestan, a primeira, un…

  • Ribadeo dende o parque

    Dende o parque de San Francisco/Pza. de España pode contemplarse parte de Ribadeo. Aquí van catro fotos de mostra. A primeira, una vista da torre da igrexa parroquial de Sta. María do Campo, en vista lateral dende o paseo do Parque de S. Francisco. Pode observarse o tempo invernoso nas árbores peladas de follas tanto…