Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.245 posts
27 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: arquitectura

  • Interrupción do embarazo? A xestación do plan urbanístico de Ribadeo, lista para interrupción

    Onte xurdiu, de mans de UPRi, unha nova dúbida sobre o proceder do goberno municipal, como estaba anunciado e coas salvagardas que expresei no anterior post. Di Francisco Rivas que non se entregou toda a documentación, en concreto, os planos de detalle dos núcleos rurais, escamoteándoos ó longo de todo o proceso, incluída aprobación inicial,…

  • Itinerario paisaxístico

    Esa é a atribución nos planos do PXOM dos triángulos negros: Santa Cruz aparece con 3. Aquí preto do ‘Kostal’ (algo que xa saía no plano a vez pasada, como foi alegado no seu momento para ver o pouco que se fixara a xente que o fixera) aparece unha longa fila de triángulos, sinal dunha…

  • As primeiras páxinas do PXOM

    Cando comezo a escribir, levan pasadas dúas semanas dende que iniciou o prazo de alegacións, e non vin moitas alusións na prensa. A empresa supoño que xa cobrou parte do terceiro tempo do PXOM (é dicir, a terceira vez que a mesma empresa fai o proxecto para a mesma validación do PXOM en Ribadeo). E…

  • Pleno forzado

    Onte xa puxen ‘todos contra o alcalde‘, e hoxe a prensa póno ben claro: a oposición forza o pleno de legalización das 140 vivendas. Se o alcalde esgota os prazos legais, pode tardar aínda un mes, convocado polo segredario. Cónstame que o alcalde vai na liña de legalización das vivendas (“a todas aquelas viviendas dos…

  • Novas curiosas: addenda

    Despois de Novas curiosas, queda a aprte prometida: fotos e medidas. Segundo as miñas medidas, cando se faga a outra beirarúa (só ten unha), a rúa entre xardín e Avda. de Galicia terá un máximo duns 7 m, e non 12 como está no plano e foto adxuntada na entrada anterior. Por outra banda, as…

  • … e chove

    Hoxe volta a ser nova a choiva. Inundacións e … os Grumir actuando, eses que Ribadeo tiña e quedaron reducidos, repartidos por outros concellos limítrofes, e aínda así, diminuídos. Medran as novas relacionadas co ‘mal tempo’ por riba das críticas do PSOE en relación a que non se atende a súa proposta de alianza, botadas…

  • De O Tesón e máis

    Dende o Tesón estamos a impulsar algún tipo de protesta polos cortes de luz, e ise é o motivo primeiro de convocar a xuntanza da Mesa de Asociacións que terá lugar ista tarde. Como outro tema que a bo seguro se tocará, está o PXOM, xa en prazo de alegación. Ó que a case seguro…

  • Un pouco de cultura

    Está avisada para esta fin de semana a Exposición Terras do Miño, reserva da Biosfera, na OMIC. O paseo da Paco Lanza en Fazouro dende o Castro de Fazouro ata o Castro dos Condes de Fontao. Ubú Rei, representado o domingo ás 20:30 no Hernán Naval. E o traslado da proxección de curtos en Tattoo…

  • Pistoletazo de saída para o PXOM

    Xa, xa dende onte se poden presentar alegacións en prazo para o PXOM despois da publicación nos medios oficiais. Tamén xa está prevista a distribución de charlas polas parroquias. E funcionando a atención na oficina vella de turismo (previa cita). E as asociacións citadas para sumarse á participación a traverso da Mesa de asociacións. O…

  • Contémplao o PXOM?

    A raíz dunha nova, buceo no Instituto Nacional de Estatística. O resultado, a poboación da provincia de Lugo prevese que dentro de dez anos estará entre 316000 e 321000 persoas. É dicir, menos que na actualidade (347000), entre un -5% e -10% en dez anos. Con datos de toda a provincia, o único concello no…