Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: arquitectura

  • Gaiás, Gaiás, …

    En Galiza, o mesmo que en Galicia, non se toma como referencia o aeroporto para aves de Castellón ou outras obras que pode haber polo mundo adiante, senón o Gaiás. símbolo de gasto superfluo ou desaproveitamento, de gasto desmesurado, certamente sobrepasa e pode servir de referenza para moitas outras obras, aínda que lle saian competidores…

  • Sobre as obras na Torre dos Moreno

    Xa vira pouco a pouco a evolución das obras na xa maiormente vendida Torre dos Moreno. Onte, acompañando un amigo, tomei algunha foto: coido que para un edificio emblemático de Ribadeo que se vai reparando pouco a pouco, o ter unha constancia gráfica dos seus cambios é importante.  Da fronte do edificio xa hai fotos…

  • Quizáis, nostalxia. Quizáis, só historia. Unha foto do ascensor da ribadense Torre dos Moreno.

    Remato de rescatar do arquivo unha foto do 2005 do ascensor da Torre dos Moreno, onde se ve o estado de conservación xa daquela do interior do edificio, con cascotes mesmo despois de ser reforzado.

  • As novas rúas nomeadas en Ribadeo, en vista aérea

    Amañando co sigpac …ó fío dos actos do día da muller.   Manuela Barreiro, da EOI en diante  Sor Pilar, Por tras do col. Sgdo. Corazón Meniñas da Saudade, entre a estrada de Vilaselán e Terragrande Pza. Oito de Marzo, tras do cine teatro, co subsolo en garaxe?

  • Promocionando o novo parque -infantil- de Ribadeo

    Atopámonos nas novas de onte coa promoción do novo parque infantil do xardín. Non saíu unha nota do concello (polo menos, aínda non está na web) e a nova é abondo laudatoria ó recoller as verbas do alcalde e os 42 000 € gastados na mellora (que se fixo rápido) e dar o tema por…

  • E armouse o belén

    Coido que non é a primeira volta que falo de beléns no blog (por exemplo, aquí-2008, aquí-2012 ou aquí-2010). Coa chegada da época, de novo armouse o belén: http://ysearmoelbelen.blogspot.com.es/. Ribadeo, de mans da sociación belenista, estase a converter en terra de beléns. Este ano, a parte do xa antigo da Terceira Orde, está o de…

  • Xardín sen xardín

    Coa liña actual, así será. O que en tempos foi chamado ‘xardín de Sela’, despois pasou a ser sinxelamente ‘xardín’, e logo pretendeuse ‘de indianos’ nunha zona, remata de sufrir unha nova merma. Hai uns meses tomei nota no blog dun atentado que fixera arder o parque infantil de preto das vivendas sociais. Estas semanas…

  • Unha lembranza despois de defuntos

        Nestes días o cemiterio de Ribadeo tivo unha morea de visitas, como tódolos anos por estas datas. Fronte á entrada principal, a capela foi moito menos visitada que o conxunto do cemiterio, pero quen a visitou puido ver que as fiestras laterias non teñen adorno ningún, quedando con vidrieiras só os rosetóns de cabeza…

  • 25 anos e un día da Ponte dos Santos

    Onte deixei o blog sen entrada. Houbo notas nos xornais sobre acontecemento do día, mesmo aproveitando un especial na Voz, e tamén algunha cousa (relativamente menos) en internet. En Ribadeando fixen alusión hai varios días. E volta a facela agora: nin unha soa lembranza institucional para unha obra que para ben e para mal cambiou…

  • Unha referencia a min no xornal, a conto das vidrieiras da capela do cemiterio

    http://elprogreso.galiciae.com/nova/186730.html