Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: ACISA

  • 16 árbores, 25 comercios, e (por outra banda), moitos euros

    Xa hai nova do éxito certo do mercado da Inmaculada Constitución antes de rematar, non sexa que non nos foramos enterar e se perdera unha oportunidade máis de facer propaganda, que estas cousas necesitan comunicación, non coma outras, que aínda que durman os papeis sen contestar pola casa do concello, non pasa nada. Esta tempada,…

  • Os turistas poden, os de Ribadeo, non

    A xente de a pé non protesta en Ribadeo. Sábeno por aí nas ‘estruturas de poder’, e por iso non pasa nada. A raíz dunha nota de prensa de ACISA, que xa saíu reflectida por exemplo na Comarca do pasado fin de semana (4 de xullo) e que ven confirmada por exemplo nunha nota de…

  • Alegando as alegacións

    As Catedrais está de moda. Non só pola afluencia de visitantes, senón dende un tempo a esta parte, pola realización dun plan que, visto o visto, pódese chamar malamente de conservación. O plan, da Xunta, foi presentado como anteproxecto para facilitar alegacións. con anterioridade, o concello pedía unha nova figura e a limitación de visitas.…

  • Asimetría. Diferenza

    Os seres humanos somos en xeral simétricos, a esquerda e dereita, con pequenos defectos que fan esa simetría irregular. Cando a falta de simetría é evidente atopamos un caso raro, que tratamos de xeito diferente. Casos como os de alguén a quen lle falta un brazo, ou que tren unha chepa cara algunha das beiras.…

  • Comezan os premios ó consumo. Ribadeo capitanea A Mariña.

    Unha, a principal, das características do Nadal actual é a comercial. Por iso os premios ó consumo (por exemplo, sorteos ligados co consumo, con papeletas repartidas en función da compra feita) compiten cos premios para o consumo (lotería tradicional que será empregada en incremento do consumo). Como é moi empregado nesta época na que nos…

  • Medio pleno medio vacío en Ribadeo

    Onte, 20140925, houbo pleno en Ribadeo. Os concelleiros, salvo un pequeno atraso avisado de Manel Yañez, ó pleno. Nos bancos de visitas, nalgún momento chegou a haber ata sete persoas. O balance coido que está claro. Deixo embaixo a convocatoria tal como aparecía no taboeiro de anuncios do concello (imaxe ampliable) O pleno comezou cuns…

  • 10 000 persoas afectadas polos cortes de luz en Ribadeo

    Vamos, todos os ribadenses. Resulta que somos afectados de xeito directo. Os 10 000. Fastídianse aparellos mentras sube a luz. A idea, lóxica como un primeiro paso: manifestación. ACISA convoca. O Tesón apoia. Primeira sorpresa (aparte de que haxa cortes de luz cuasi sistemáticos nunha vila como Ribadeo no século XXI): polo menos en medios…

  • Estratexias. Inimigo: os cortes de luz

    Luns ás oito hai convocada unha protesta contra os cortes de luz en Ribadeo. Será no mercado, e está chamado todo o mundo, a iniciativa de ACISA. Estimo que a iniciativa é boa, pero non sei nin a xente que haberá nin os efectos que terá. De cortes de luz, en Ribadeo, sabemos abondo. De…

  • Charlando para defendernos

    O pasado fin de semana houbo unha charloa sobre as preferentes, organizada polo BNG. A consecuencia dela, o que resulta nos medios é unha confrontación entre a portavoz preferentista e o concelleiro de consumo. Non obstante, a charla ía para dar ós preferentistas unha apertura de miras que facilite a súa actuación de defensa. Mágoa.…

  • Concordo cos destacados por ACISA en 2012 en Ribadeo

    Os medios difundiron a nota de prensa de ACISA (a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Ribadeo) na que da conta da asamblea e cea social que terán o 18, así como da decisión de facer dous nomeamentos. Un, o de ‘Ribadense do ano’, concédese a título póstumo a Gilberto Suárez, e o outro,…