Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: ACISA

  • Xeo en Ribadeo: pista, ano II

    Remata de pechar a segunda tempada da pista de xeo en Ribadeo . O parque deixará xa de estar ocupado despois de ver a montaxe no seu centro dende hai un mes. Agora, din, é cousa de botar contas. O ano pasado tivo un déficit de 12 000 €, asumidos polo concello. Este ano, segundo…

  • O Rasca de ACISA. Segue mercando

    Unha tarxeta do rasca de ACISA 2017 Chamoume a atención. Unha campaña que pretende vender máis, empregando un señuelo de propaganda -o rasca- que se contradí no título ‘O Rasca de Nadal’ cunha exhortación: “adianta as túas compras ‘navideñas’!”, do 1 ó 15 de decembro, para tentar facer o máis parello a un doblete de…

  • 1,4 € por cada ribadense

    1,4 € por cada ribadense para ‘máis de 150’ comercios. Ou sexa, preto de 100 € por comercio que figure asociado é a subvención que os ribadenses damos a ACISA (a web, despois de longo tempo sen funcionar, xa funciona dende comezos do ano pasado), concello mediante, para este 2017. Encarada por certo nun convenio…

  • Foto natural, propaganda… artificial?

    Que máis natural que dúas persoas calzándose? Aínda que sexa patíns de xeo. A foto acompaña á penúltima nova deste Nadal, coa apertura da pista de xeo ACISA–Concello de Ribadeo: Ribadeo contará este Nadal, por segundo ano consecutivo, con pista de xeo natural, que estará situada no parque de San Francisco do 17 de decembro…

  • ACISA ten oito asociados máis (máis ou menos)

    Hai dous meses e medio, comentaba a convocatoria por parte de ACISA de subvencións a asociacións. Hoxe a prensa especifica as subvencións: – de 600 €: Asociación Amigos de la Semana Santa Cabalgata de reis SD Ribadeo Asociación deportiva veteranos Ribadeo FC Ribadeo FC – de 400 € Ribadeo FS – de 300 € Heroican…

  • Es princesa, es rosa, es consumista, es nai.

    Mentras a a portada da web de ACISA Ribadeo segue cun ‘volvemos pronto’ chantado nunha bonita imaxe da illa Pancha coa planta invasiva en flor (así, dende abril de 2015, aínda que polo interior hai ‘cousas‘), o seu Facebook non deixa de sorprendernos con actividades do máis diverso. A última polo momento, unha campaña enfocada…

  • Mirando as contas de ACISA

    Aparecía a semana pasada no xornal La Voz de Galicia, na súa edición de A Mariña unha nova aparentemente sen importancia, “Acisa Ribadeo prevé gestionar este año 139 394 euros, un 56% más que en 2015“, co subtítulo “Proyecta duplicar el gasto en campañas, hasta los 54 985 euros“. Para os que temos certa idade,…

  • ACISA e asociados, Co.

    Co mes apareceu na páxina web de ACISA (si, se alguén ve algo raro na portada… é así) unha convocatoria de subvencións. Coido que a cousa non sería chamativa se non existiran dous puntos que entendo que así a fan. O primeiro deles, que é unha subvención para actividades que outorga unha entidade que é…

  • Xa non hai pista de xeo en Ribadeo

    De 18 de decembro a 10 de xaneiro. 24 días do Nadal máis quente estivo en marcha a pista de xeo no parque. Unha máis das carpas que periódicamente deixan o espazo da zona reducido a un multiusos. Hoxe, xa días pasados, desmontada. A operación foi anunciada como un éxito xa a comezos do seu…

  • Adornos de Nadal en Ribadeo. 2015-2016

    A árbore da Praza de San Roque é única. De día ten outro aspecto… Os adornos de rúa máis próxima a el tamén son árbores.  E a seguinte, a R. Rosalía. Na Avda. de Galicia son campanas. A solitaria estrela de Viejo Pancho… … contrastaba coas moitas e faroleiras estrelas de neve noutros lugares. E…