Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: ACISA

  • Os deslumbrados non poden ver o ceo

    Nebulosa nas Pléiades. Obtida de https://www.spacetelescope.org/images/opo0036a/     25 de outubro, nota de prensa. Resultado: Ribadeo terá máis luces de Nadal por persoa que Vigo. Os xornais destacaron a competición con Vigo, pero aínda así, non chegaron a ese dato: en Vigo, ao parecer, instalaranse unhas 10 000 000 de luces, ou sexa, sobre 25 por…

  • Detrás da santiña, diante das monxiñas… e fin de festa

       Hoxe, 8 de setembro, é o día grande das festas patroais de Ribadeo, pois corresponde á festividade da patroa.     Coido que dende hai tempo, os fogos do sete marcan o punto culminante, co que a afirmación anterior non deixa de ser unha reminiscencia relixiosa ou doutros tempos, como se pode constatar en xeral…

  • Das oito da mañá á democracia

       Informe positivo do concello de Ribadeo. Enterámonos que foi dado cando a propaganda de ACISA Ribadeo nolo comunica pola prensa para lamentar que non se amplíe o horario de apertura de establecementos nouturnos durante todas as festas ata as 8 da mañá. Coido que unha pregunta que cabe facerse é: a quen ou que…

  • Programa do Ribadeo Indiano 2019

    Remato de recibir a circular ‘oficial’: O programa do VI Ribadeo Indiano preséntase cunha variedade de eventos que deron comezo coas antevésperas e as vésperas. Este sábado, 6 de xullo, iniciase un ciclo de cine cubano que se desenvolverá ata o vindeiro martes, día 9. Este ciclo cinematográfico será presentado este sábado polo Cónsul da…

  • Mosquiñas no Indiano

    Adxunto o artigo de Evaristo Lombardero que hoxe mesmo sae en La Comarca del Eo, a conto dos ‘mosquitos’ denunciados pola hostalería a Acisa e ó Concello, de este a Portos, de Portos ós madeiristas… Ao fío do chegada masiva de mosquiñas, presuntamente a través do porto de Figueirúa, faremos algúns comentarios históricos e actuais.En…

  • Éxito da Pancha

        A Pancha xa conseguiu a gloria. Se se van poñer en circulación 40 000 euros, iso implica unha subvención de 10 000, máis os gastos de posta en marcha, pois os anuncios que aparece na prensa teñen un custe.     Enténdese que se fai unha promoción é para obter un rendemento, aínda que non…

  • Complemento á convocatoria do pleno

    Onte publiquei ‘Suso Peña Fillo Predilecto, subvención a ACISA ou variación no decreto de Medio Ambiente: pleno‘. Completo agora con dúas cousas: O Informe-proposta da Área de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo para modificar a Ordenanza de Protección Medio Ambiental no tocante ao ruído e a nota de prensa que acompaña a convocatoria. Dicir…

  • Suso Peña Fillo Predilecto, subvención a ACISA ou variación no decreto de Medio Ambiente: pleno

    O día 13, mércores, ás 20:30 haberá pleno do concello de Ribadeo. Por se te animas a saber máis e ir, a convocatoria é esta (en dúas versións, tomada da sede electrónica do concello: 20190308 decreto da convocatoria pleno ordinario 13 marzo 2019 from Antonio Gregorio Montes 20190308_Decreto Da Convocatoria Pleno Ordinario 13 Marzo 2019…

  • A nova directiva de ACISA

    A nova directiva de ACISA comeza a moverse. Onte mantiveron unha xuntanza cos representantes do PP no concello e na zona, para facer peticións. Coido que a orde de xuntanzas dunha entidade marca en certo xeito o que son as sús preferencias, a folla de ruta para chegar ós seus obxectivos. Neste caso, ademais, a…

  • Aló vai o antroido?

    O antroido ribadense estaba previsto que rematara o sábado. Por diferenzas coa queima, celebrada o sábado, parece que rematou uns días máis tarde, onte. Pero aínda non estou seguro de que non fose un falso remate. Resulta que por desavenencias sobre a colocación no boneco dunha estelada disfrazada de bufanda, ACISA -o xerente- fixo chegar…