-
Seis de xaneiro en Illa Pancha
Últimas variacións na fisognomía da illa Pancha, visibles dende o ceo, con dimensións aproximadas, realizadas sobre unha foto libre. En vermello, camiño novo, de anchura semellante ó que chega ó faro novo. En negro, zona ocupada por terraza entarimada. En gris craro, ás beiras do anterior, terras rmovidas. En azul, zona de rebaixa de…
-
Falando sobre a illa Pancha e o Defensor del Pueblo en Radio Foz (20211111)
Hoxe chamáronme de Radio Foz para falar sobre a nova resposta do Defensor del Pueblo (… non confundir co Valedor do Pobo, que tamén falou…). Son, contando as verbas do entrevistador, oito minutos. Coido que se pode empregar varias horas para contar a historia da loita para conseguir unha illa Pancha libre, comunitaria e…
-
Escrito ó concello sobre actividade non reseñada na Illa Pancha. Nota de prensa A.V. Por Nuestro Faro
Escrito ó concello sobre actividade non reseñada na Illa Pancha Como temos informado, os ribadenses tiveron constancia da apertura dunha cafetería con terraza entarimada na Illa Pancha pola presencia dalgunhas fotos nas redes sociais e rumoroloxía variada. O negocio puxose en marcha dun día para outro sen ningún tipo de publicidade previa -algo ó…
-
APERTURA PARCIAL DA ILLA PANCHA. Nota de prensa A V Por Nuestro Faro
Illa Pancha no 2017. Collido de es.wikipedia.org, lic. CC BY-SA 4.0 realizada por Amasuela – Luis Lafuente – Jorge Rebollo. APERTURA PARCIAL DA ILLA PANCHA Hai poucos días tivemos coñecemento da apertura parcial da Illa Pancha, dentro de un horario restrinxido, trala posta en marcha da nova terraza da cafetería cuxas obras foron aprobadas…
-
Do catálogo de bens a protexer: illa Pancha
Por razóns que non veñen a conto, chego ó catálogo de ‘elementos a protexer ou recuperar’ de Ribadeo, neste caso, na Parroquia de Vilaselán, incluído dentro dos documentos do PXOM do concello de Ribadeo, aprobado hai non tanto tempo. E atopo a ficha do Faro da Illa Pancha. Aí,entre outras cousas, aparece ‘Categoría de…
-
FOSA SÉPTICA SEN LEGALIZAR NA ILLA PANCHA. Por nuestro Faro
FOSA SÉPTICA SEN LEGALIZAR NA ILLA PANCHA O luns da semana pasada volvemos chamar por teléfono a Augas de Galicia para interesarnos polo expediente tramitado pola empresa concesionaria dos apartamentos da Illa Pancha para legalizar unha fosa séptica construída en Abril de 2017. A amábel resposta da funcionaria repite a mensaxe xa coñecida:…
-
A illa Pancha, na Ecocanle
Ecocanle é unha canle mantida en youtube por xente relacionada con Ecoloxistas en Acción. Un programa que se colga mensualmente, e que entre outras novas, na súa edición de marzo contempla a illa Pancha. Deixo abaixo a entrevista que me fixeron dentro do programa (minuto 11), un resume curto de como leva transcorrido a…
-
Nota de Prensa de Ecoloxistas en Acción. Illa Pancha
Denuncian o uso indebido do Faro da illa Pancha en Ribadeo 13/02/2021 Ecoloxistas en Acción demanda á Autoridade Portuaria de Ferrol – San Cibrao que indague como se concedeu permiso de explotación do Faro da illa Pancha sen o Estudo de Impacto Ambiental preceptivo. O propio Defensor do Pobo corrobora na súa resposta que non…
-
Reseña de dúas actividades conectadas: roteiro a partir da illa Pancha e presentación de BirdFlyway
Hai uns días deixei a convocatoria das dúas actividades, promovidas por ‘Por Nuestro Faro‘ e agora paso a deixar un breve resume do acontecido nas mesmas. A primeira realizada, venres 21 de abril ó anoitecer (dous días antes do día do libro, hoxe), na casa das letras, foi a presentación de BirdFlyway, libro de Antonio…
-
Escrito de resposta do Defensor del Pueblo a Por nuestro Faro, estimando as súas consideracións en relación á implantación de hotel e cafetería na illa Pancha
Onte o Defensor del Pueblo contestou a Por Nuestro Faro. E contestou estimando as súas consideracións. O grupo emitiu un escrito no que expón sucintamente as consecuencias, ó par que se congratula e agradece os apoios recibidos. Embaixo queda o escrito do Defensor del Pueblo. É abondo técnico, polo que adxunto algunha consideración antes e…