Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.492 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Do catálogo de bens a protexer: illa Pancha


   Por razóns que non veñen a conto, chego ó catálogo de ‘elementos a protexer ou recuperar’ de Ribadeo, neste caso, na Parroquia de Vilaselán, incluído dentro dos documentos do PXOM do concello de Ribadeo, aprobado hai non tanto tempo. E atopo a ficha do Faro da Illa Pancha. Aí,entre outras cousas, aparece ‘Categoría de protección: Inventariado pola disposición adicional 2ª da lei 8/1995’ (lei do Patrimonio Cultural de Galicia: “En virtude desta lei inclúense no Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia todos aqueles bens recollidos nos catálogos das normas complementarias e subsidiarias de planeamento das provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, aprobadas pola Orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas do 3 de abril de 1991, así como os contidos nos catálogos de calquera outra figura de planeamento.“). Tamén aparece que a illa ten grande interese paisaxístico e xeolóxico, aínda que pola natureza da ficha non aclare máis do seu entorno natural, protexido porla zona Natura 2000.

   Asemade, pódense aprezar outras cousas como como era o dintel da porta que dá á ponte, antes da destrución para ampliar o paso para os camións das obras no faro.

 

Fediverse reactions

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *