Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.421 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: sociedade

  • Bíteres de Honra no Canteiro

    Onte domingo foi a entrega dos 2os Bítere de Honra en lembranza de Aurora Sampedro no Canteiro, no local das antigas escolas onde estudou Aurora. Lembro os premiados, segundo recollín en entrada anterior, e deixo algunha foto, e o audio do evento.: Pola miña parte, lin o seguinte texto: Boas tardes. Benvidas, benvidos. Grazas pola…

  • Unha folga no Nadal

    Unha folga no Nadal Sábado 20 de decembro, campaña do Nadal. Paso por casualidade diante dun Centro Comercial, o Eroski de Vegalsa en Ribadeo. Si, xa sei que non se soe pasar por diante dos centros comerciais de casualidade e menos no Nadal, pero así foi. Vexo dúas ou tres bandeiras e unhas 20 persoas…

  • Desequilibrio

    Desequilibrio Dende hai tempo, estamos a vivir unha ‘volta a España’ desequilibrada. O deporte vese sobrepasado polos intereses económicos e de prestixio asociados. A cousa ven xestándose de lonxe, mais se o pasado ano unha pedra meteuse no mecanismo a conta dun equipo que militaba de pro israelí, este ano coido que a volta debera…

  • De quen (e de que) queres depender? Unha reflexión rápida

    De quen (e de que) queres depender? O ser humano -calquera, ti tamén- como ser social, depende da sociedade, do seu entorno humano, para desenvolverse, para vivir como humano. Todos o sabemos de forma consciente ou inconsciente, e asuminos de xeito implícito, incluídas as persoas que parecer rexeitar o ‘contrato social’. Agora ben, de aí…

  • Desastre en Cabanela. Javier Ginés Abellán

    Aínda non rematara de chegar o outono climatolóxico e meteorolóxico á Mariña, pois tiñamos unhas temperaturas máis propias do verán, cando o Concello de Ribadeo comenzou co esaxerado desmoche anual que, baixo o eufemístico nome de “poda”, ven facendo nistos últimos anos con algunhas das árbores da vila. Aínda estaban cheos de follas verdes e…

  • Unha crónica dun novo libro infantil, ‘Pomba, a que non era’

    Deixo en baixo nota de prensa, con fotos e ligazón a gravación do acto, que rematou cun convite no mesmo cine-teatro. Nota de prensa de Lucía Ferro Sobre o acto de presentación de “Pomba, a que non era” O pasado domingo 23 realizouse o acto de presentación do proxecto “Pomba, a que non era”. Presentado…

  • Son terrorista. E ti, tamén

    Opóñome a Trump, opóñome ó fascismo, logo son terrorista. Lévame a esa afirmación un sinxelo razoamento, despois de que a pasada semana o goberno dos EEUU (léase ‘o goberno en pro do dominio dos megamillonarios presidido por Trump’) usara esa palabra para cualificar a organizacións pacíficas de apoio a Palestina. Claro que hai que matizar.…

  • Antisistema

    Antisistema

    Hai pouco, nunha conferencia en Barcelona, reivindicábase a soberanía dixital.Un tema ó que se lle está a prestar cada vez máis atención: precisamente ese, Soberanía Dixital, é o título xenérico que levan os eventos mensuais que amarinha.gal está celebrando en Ribadeo neste 2025 sobre tecnoloxía, e que está ligado co control de internet polos usuarios,…

  • AUTORIDADES CIVILES EN LAS PROCESIONES. José María Rodríguez Díaz (2011)

    Unha das moitas veces -quizáis unha das que amosa máis razóns e documentos- que José María trata o tema da ‘política da procesións’ herdada do franquismo pola socioloxía política posterior. Neste caso, a conto dunha procesión no Ribadeo de 2011 e as súas consecuencias. Sábado, 16 de julio de 2011 AUTORIDADES CIVILES EN LAS PROCESIONES…

  • LA PLAYA DE LAS CATEDRALES, ¿UNA PESADILLA PARA EL CONCEJO? José María Rdríguez Díaz

    Pode parecer coña, visto dende un 2025 no que xa temos asumido a perda das Catedrais como praia e o seu alleamento con patente turística. Pero non o é. Por certo, chamo á atención sobre a definición do monumento natural na ligazón que incrustei na entrada de José María… ó tempo que reclamo ó concello…