-
A vitalidade musical de Manolo Choupín (1941-2023). Carlos Álvarez Lebredo
Adxunto a nota de Carlos Álvarez Lebredo sobre Choupín aparecida na Comarca de sábado pasado, que aporta abondos máis datos e detalles que a publicada por min. A vitalidade musical de Manolo Choupín (1941-2023) Carlos Álvarez Lebredo Coro Miserere. 2004. V. Manuel Sanjurjo está abaixo o 3º pola esquerda Co falecemento de…
-
Cinco anos
15 de xaneiro de 2018. Lémbraste que fixeches ese día? Era sábado. E en Ribadeo, algunha xente comezou unha andaina que aínda dura, porque non chegou ó destino. O destino: equidade cos maiores, equidade na atención pública, nos servizos. Como lembranza, Suso Fernández, integrante da plataforma asociada a MODEPEN en Ribadeo, colgou nas…
-
Foros de debate de Sargadelos no Voar. Juan Carlos Monedero
J. C. Monedero no Voar Foros de debate de Sargadelos no Voar. Juan Carlos Monedero Comezaron os Foros de Debate do Voar, organizados polo Grupo Sargadelos. O primeiro en ocupar a palestra, este venres, foi Juan Carlos Monedero. Ó tempo que se desenvolvía a charla e posterior turno de preguntas (en total, dúas horas…
-
Novo episodio na illa Pancha
Deixo abaixo a nota de prensa de hoxe do concello sobre a retirada da porta da illa Pancha. Máis vale tarde que nunca, aínda que non entendo cal é a novidade para facer agora con forte impacto algo que dun xeito ou outro, tería que estar feito dende hai anos, como coido que acredita…
-
Continuando na ría de Ribadeo
A ría de Ribadeo, limitada por terras hoxe asturianas e galegas a leste e oeste, polo resto do Cantábrico ó que pertence e polos pobos da Veiga (chámeselle Vegadeo á ata hai un século Vega de Ribadeo) e Abres a norte e sur, está vendo variar o seu nome. Ata o momento, o último capítulo,…
-
CUANDO EL PUEBLO HABLA. José María Rodríguez Díaz (2008)
Aínda a día de hoxe, quince anos despois, non sabería dicir exactamente por que o chiringuito administrativo de Portos de Galicia recuou nos plans de construción da ‘macronave‘ en Mirasol, tema que José María trata nesta entrega, dende un punto de vista, coido, moi optimista. Sábado, 27 de septiembre de 2008 CUANDO EL PUEBLO…
-
A batalla do Ebro
Esquema sobre a batalla do Ebro. https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ficheiro:Batalla_Ebro.png lic. CC BY SA 3.0 por PACO A batalla do Ebro Pouco sei da batalla do Ebro, importante eixo de operacións na guerra civil española. Entre ese pouco, está que foi unha batalla de desgaste, con capítulos como a tentativa de cruce do Ebro de soldados da…
-
Choupín. Víctor Manuel Sanjurjo Láncara
Anaco dun folleto dunha actuación da banda no ano 1993 Choupín. Víctor Manuel Sanjurjo Láncara O sábado á unha do mediodía iniciou a súa última viaxe. Coido que calquera dos que tivemos trato con el na banda municipal podería ampliar con gusto e gratitude a escueta nova da súa defunción, aínda que só fora…
-
A pandemia que nunca se foi. Pablo Mosquera
A pandemia que nunca se foi Sabémolo. Hai dúas nacións. A que pintan os que mandan. A que sofren os que obedecen. A que paga IRPF sen rechistar. A que tras virguerías contables ou financeiras escurre o vulto e paga o mínimo. O peor é que a esquerda xa non é tal. Agora só importa…
-
Unha ollada a Viveiro: dous beléns
Despois de subir información sobre os beléns de Ribadeo, adxunto agora dous vídeos sobre beléns en Viveiro. Un, un nacemento ‘xigante’, a escala real, arredor da igrexa de Santa María, que me deixou asombrado pola realidade, detalle e extensión. O outro, máis sinxelo e diríamos ‘normal’, dentro da capela do convento das MM Concepcionistas,…