Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.449 posts
37 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Doblete de merda

    Onte falaba de merda e outras cousas, como ruído de noite, por exemplo. Hoxe, repito: a foto está tomada despois dun ‘sábado noite’ que coincide o de esta semana, pero que sería igual noutra parte calquera do ano, e pola extensión que leva a cousa, a maioría dos días do verán e boa parte dos…

  • Mediados de agosto

    A foto de Sta. Cruz aínda cheo de merda (unha das moitas fotos posibles) non indica que todo o pobo (ou mesmo outras zonas de Sta. Cruz) esteñan igual, nin que outras partes do mesmo lugar deixen de estalo. Está sacada unha semana despois da xira, e xa sería tempo de recoller o lixo. Ó…

  • Eduardo Baamonde

    Remato de comezar o blog e xa levo retraso: A exposición de Eduardo Baamonde, un clásico no verán Ribadense que presenta o noso Ribadeo cuns ollos mellores que o que nós mesmo vemos. Mellores non porque pinte cor de rosa, senón pola perspicacia da súa mirada, convertida en perspectiva diferente. A exposición, na vella oficina…

  • Comezos parellos

    Comeza o novo blog, e comeza un novo local comercial: O Alén (Viejo Pancho 2, Mesón Cervecería). Deséxolle o mellor ós seus donos, a pesar de que a min seguramente me dará máis dores de cabeza (ogallá me equivoque) polo ruído nouturno, directo ou indirecto. Tamén lle desexo ós que o autorizaron que sexan mellores…

  • Inicio

    Hoxe comeza a andaina un novo blog, este. Sobre Ribadeo (aínda que non só). Pouco a pouco irémonos coñecendo. Un saúdo. Por certo, o nome do blog é o do libro sobre as novas en Ribadeo no 2004. Mentras queden exemplares, a 5€ podes ter cantos queiras. Déixame un comentario cun xeito de poñerme en…