-
A nova en Ribadeo
A nova de onte en Ribadeo non se soubo en xeral ate hoxe: Acuinor volve a obrar en Meirengos. Mentres, desvélase que para os 12 empregos ofertados na primeira fase (+8 na segunda, xa veremos en que queda todo), hai abondo máis de 100 persoas que os pretenden. De aí ven a forza que se…
-
En Ribadeo, música.
Hoxe (xa onte) fun o concerto de Santa Cecilia da Banda de Música Municipal de Ribadeo. A unha hora un pouco inconveniente para o meu gusto (as 21:00), no auditorio municipal que estivo abondo cumprido, pero sen chegar ós cheos de vai uns anos, con Hernán Naval ó mando. Un concerto en dúas partes, na…
-
Opostos?
van hoxe dúas fotos que se antoxan contrarias. Unha, dun edificio; outra, do campo. Unha, con só unhas motas de verde, a outra a falta delas. Unha, e n construcción, a outra, máis ben case en destrucción. e así poderiamos seguir. Unha é a da sá de autopsias do cemiterio e a outra das obras…
-
Illa Pancha e faro nun día ventoso
A imaxe pode que non de a impresión como se se estivera alí: hoxe foi un día co mar axitado, coas ondas saltando… Aproveitei para coller uns datos do faro: 43º33,4’N, 7º2,5’O. A súa luz acada 21 millas (39km) dende unha elevación de 28m de altura, dos que 13 son do propio edificio do faro.…
-
Despois do Prestige, o futuro
Coido que o día seguinte ó da celebración do Prestige (.. exactamente, non celebración, senón cabodano) é un día para o optimismo, para mirar ó futuro. Por eso, unha foto de oito persoas novas, que se supoñen con interese, con ganas de aprender…
-
Outro Ribadeo é posible
O título xa o teño empregado outras veces. Neste caso acompaña a dúas fotos, unha do amaño de Sta. Clara (perto de 150.000.000 de pts) e outro da rinconada entre a igrexa de Sta. María do campo e a antiga oficina de Turismo. Nun día ventoso, chuvioso e fresco como hoxe, a obra do convento…
-
Sexta entrada de hoxe neste blog (ou weblog, ou bitácora) de Ribadeo
Estou facendo unha procura en Google. Esta entrada, a sexta de hoxe, só é para unha comprobación. perdón a todos os que a leedes en procura de outra cousa. Repito: hoxe, é a sexta entrada.
-
Música, Hernán, Galipedia
Hoxe tiven dúas cousas que me levaron a meditar sobre Hernán. Unha, o pasar por diante da casa onde se criou, en Viveiro (na praza da fonte Nova), que sae na foto xusto detrás da fonte. Outra, a actuación da banda de Lalín con escaso público no ‘auditorio de Playmóbil’ que dicía Hernán, e on…
-
A cuarta entrada de hoxe, sobre a autovía.
Por casualidade pasei hoxe pola antiga estrada de vilaselán para saír pola N634 e futura autovía. Non puiden deixar de tomar tres fotos a tres das catro esquinas do cruce, pois tres casa foron eliminadas os días pasados, e o terreo que ocupaban, aplanado. Dentro de pouco, a autovía ocupará os terreos, sendo o punto…
-
Terceira de hoxe
Remato de decatarme dunha cousa: tras tres meses de funcionamento e máis de cincoenta posts, non estaba dado de alta en Blogaliza , co que me estaba perdendo un importante sitio de acceso … xa fixen a xestión para que no sucesivo non siga a apsar o mesmo: o principal blog de Ribadeo que coñezo…