Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.299 posts
28 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Eduardo Baamonde, piscifactoría, … boas novas en Ribadeo

        Tanta Miga e a súa barriga. Ese é o título do libro de Eduardo Baamonde para nenos, cuns estupendos debuxos e unha historia interesante, que se presentou esta tarde na Casa das Letras ribadense. Para ver e ler.     Na presentación o autor lembrou a Suso Peña, o seu propio cariño por Ribadeo e…

  • De novo, en agosto

    Non se trata dun aumento de temperaturas: trátase de que alguén na prensa mentou un artigo meu publcado en A Mariña de El Progreso o 30 de agosto. Revisei, e non sei por que, pero non estaba no blog, nin o tiña no ordenador: tíveno que recuperar do xornal, corrixindo dúas cousas que faltaban e…

  • Quen manda aquí? (en resposta a unha acusación)

    A pouco de comezar o meu artigo titulado ‘Quen manda aquí?‘, publicado en días pasados, dicía: “Onte entereime…”. A falta de ter a man un dicionario galego equivalente, se miramos no Diccionario de la Real Academia Española, ‘enterar’ significa “Informar a alguien de algo o instruirlo en cualquier negocio”. Pois ben, o día 22, martes,…

  • Achégase o Nadal

    Achégase o Nadal, os días son curtos, a neve aparece nas montañas… só dúas fotos para deixar testemuña deste comezo do inverno en Ribadeo, antes do auténtico inverno, que trae temperaturas que permiten a neve á outra beira da ría, como se pode ver na foto tomada hoxe no aparcamento. Asemade, pódese ver a relativamente…

  • Hórreos de Vilaselán

    Levo varias sesións de unhas poucas fotos sobre hórreos de Vilaselán. Estes dous das fotos de hoxe están na vella estrada de Ribadeo a Vilaselán, enfrentados. O primeiro, de xeito perpendicular á estrada, cara a vilaselán á esquerda. O segundo, paralelo, á dereita. Pódese ver que o seu estilo é parello, un xeito de hórreo…

  • Non sei se debo…

    Non sei se debo rectificar. Explícome: O artigo que posteei o mércores 23, ‘Quen manda aquí’, e do que enviei á prensa unha versión (Progreso/Comarca) tivo hoxe, unha vez publicado en A Mariña (El Progreso) unha airada reacción do alcalde, que me chamou por teléfono gritando e non deixando que eu poidera dicir nada, polo…

  • virxe do Camiño

    A imaxe da capela da Virxe do Camiño fai (facía) de benvida a Ribadeo, e agora limita o Xardín (polo de ‘Xardín de Sela’), anunciando coa súa típica Cruz as súas orixes. Restaurada arredor do ano 90, volta a necesitar urxentes reparacións, pola humidade que se respira no sue interior, o estado de teito e…

  • Un capricho

    … pois … esta entrada (3ª de hoxe) é algo así como un capricho: teño fai tempo dúas fotos particulares e quería metelas no blog. Unha é a miña imaxe captada por Mariano Grueiro, foto á que lle teño cariño. A outra é un escaneado das mans da miña muller e do meu picariño de…

  • Bandas rugosas?

    Por fin o Concello xa ten cambiadas a maioría das bandas rugosas e instalado zonas un pouco máis elevadas para facer que os coches diminúan a súa velocidade. Claro que se imos considerar as declaracións do concellal de tráfico, tal e como é o éxito da súa xestión, contra opinións, vento e marea, coido que…

  • Quen manda aquí?

    Que Galiza é unha terra de caciques é aceptado. Que os tempos dos caciques xa pasaron, eso non está tan claro. Onte entereime de que o Concello recibiu un fax ordenando a detención das obras na factoría de Meirengos (A Devesa). Ben, pois… 1. As obras seguiron despois do fax. 2. No pleno, a pesar…