Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Ribadeo, ano 74

        Por obra e gracia de Conchita (a ‘Presi’ de O Tesón), caeu nas miñas mans unha ‘Comarca’ do ano 74, a do 4 de agosto. Quedei dunha peza cando vin as sinaturas dos artigos: Vicente Risco, Eduardo Blanco-Amor, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, fan de viciños de Gregorio Sanz, Víctor Moro ou Daniel Cortezón,…

  • Homenaxe a Suso Peña

    Hoxe foi a primeria xuntanza en prol da homenaxe a Suso Peña. Non sei como foi, pero sabereino: teño intención de participar, incrementando tamén a entrada que xa está na Galipedia. Hoxe tamén foi a actuación do Nadal na igrexa. Non me saíron fotos decentes, a que poño pode que sexa a mellor… Só un…

  • Santos inocentes… ribadenses?

    A imaxe (movida) do vello cine dame para este primeiro contacto co día dos Santos Inocentes. Como outras veces (prometo non avisalo moitas veces máis), hoxe farei a entrada diaria en partes, case con seguridade. O apremio de moitas cousas que contar, ideas que aínda non saen, outras que sairán, etc, fan que vaia pouco…

  • Estética ribadense

    Coido que de novo farei unha entrada en partes, esta vez temporais. é dicir, meterei o post ou artigo en varias veces desconectadas. Aproveito que Chenchu me envía o cartel do novo concerto en primicia (supoño que tardará varios días en saír á rúa en Ribadeo, e así vai facéndose o anuncio) para postealo en…

  • Sementes e Hernán Naval, temas relacionados.

    Despois do Nadal parece que hai unha certa resaca. Difumínase a propia festa, e máis neste tempo de compras e consumo que non había hai uns anos. Por eso o documental Semillas (Recuperación de la memoria) que foi proxectado hoxe na casa das letras pode producir un efecto máis beneficioso se cabe. Comparemos as dúas…

  • Carámbano, caramba!

    Parece que o frío amaina un par de días. Pero outra testemuña de como foron as cousas por cerca de Ribadeo (neste caso, Vilalba), está na foto da beira: unha estalactita formada a partir dunha goteira nunha billa ó exterior. Polo demáis, por ribadeo, sen novas no Nadal, sempre aprece un tempo adicable á meditación,…

  • … e chegou o Papá Noël a Ribadeo

    Onte dicía que era Nadal, e desexaba un bó día. Bo, pois agora xa chegou o santa Claus. E se non, con botar unha ollada á prensa xa está solucionado o tema: Unha fonte diante do parador, 70 000€ (anunciada xa varias veces, con motivo da idea, de obter os cartos, do concurso, e agora…

  • É Nadal en Ribadeo

    Xa con anterioridade fixen unha entrada co artigo ‘Nadal en Ribadeo’, co que non debo voltar a titular de xeito exactamente igual, máis, é Nadal, tamén en Ribadeo (en realidade, agora mesmo, día de Noiteboa), e hoxe compre dicilo: Bó Nadal.

  • Ribadeo antigo

    Chegou ás miñas mans unha copia dunha vella enciclopedia (só sei que os datos da mesma son de 1926), e mira por onde, o escudo de Ribadeo tiña outra apariencia… parécese menos ó actual que o plano do antigo Ribadeo ó do actual. As chaves? A estrela? As ondas do mar? Nada de eso aparece.…

  • Pero, xa estamos no Nadal?

    Non e si. Sorprende que os xornais leven xa días comentando o prezo das viandas de Nadal como a grande nova, ou a inversión en lotería (hoxe xógase e a xente xa avanza que se toca, non traballa, coa mentalidade de que os cartos son vida e o traballo é a escravitude para vivir), e…