Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.450 posts
37 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • A voltas coa ría de Ribadeo

    A polémica sirveuse na cumpre interautonómica: ría de Ribadeo? non, ría do Eo, Touriño dixit. E en Ribadeo xa están co tema de en troques de traballar pola ría, traballar polo nome. Na sociedade actual, o que se representa ten unha importancia maior do que se fai. Pero é triste comprobalo unha e outra vez.…

  • Outro mundo é posible: é factible e facémolo

    Sabes quen é Pedro Casaldáliga? Pois un bispo que anda polo Brasil e a quen a igrexa (non a Igrexa) deulle abondo de paus por cousas da ‘teoloxía da liberación’, a pobreza, a ocupación de fincas e demais. Non teño moi claro o comportamento de xente como el en relación á xerarquía, pero o tío…

  • Comecemos ben o día: Ribadeo ten xardíns

    Hoxe, luns, é cousa de comezar ben o día. A contemplación dun xardín, por exemplo, pode facer que nos sintamos ben, a parte de facernos a ilusión posible de que é noso. Este en concreto é privado, anexo ó caserón coñecido en Ribadeo como ‘O Patín’ (foto que estará cargada hoxe mesmo na entrada sinalada…

  • 4ºC, día con sol en Ribadeo: vése ben Manhattan

    Un amigo vai aproveitar o día para sacar fotos. De seguro que lle van saír moi ben, pois co frío e claridade hai unha limpeza no aire propia para a fotografía. A ver se o tempo aclara tamén as ideas do batiburrillo urbanístico: en Viveiro piden á Xunta a suspensión de licencias, que eles non…

  • Un artigo non publicado aínda. A 2ª entrada de hoxe.

    Adxunto un artigo que tiña que ter saído hoxe, pero non o vin publicado. De que vai? Lee e xa o descubres ti mesmo. e despois, outra ración dun artigo sobre Hernán. Mañá, máis. Que? … veralo. Un tesón, unha ría, unha vida. Remata de chegar ás miñas mans a proposta da Plataforma para a…

  • O tempo en Ribadeo. 1ª entrada de hoxe.

    Cun día como o de hoxe, o de onte, o desta tempada en Ribadeo, parece mentira que esté recalentándose o planeta. xa estabamos fríos, non non deixa pois fríos que en Tapia o mesmo concello pretenda recurrir a nova normativa do principado para evitar a concentración de edificacións das costas. Nin que o proxecto de…

  • Rosalía aílasoR

    Quen non lembra aquela poesía na que Rosalía dí: ‘Adiós, ríos/ adiós, fontes / adiós, regatos pequenos/ adiós, vista dos meus ollos/ non sei cándo nos veremos’… Rosalía poñía as verbas en boca de alguén que emigraba e daba un derradeiro adéus, pois non sabía se ía voltar. Os versos viñéronme á cabeza cun titular:…

  • Ribadeo is different

    Calquera que vexa hoxe a prensa na mariña teráo claro: Ribadeo? is different! O lema do turismo español de vai xa 40 anos (curioso, os que pasou Franco, ordeno y mando…) vénlle ó dedo a Ribadeo: leva a palma, mentras que dos outros concellos van a fitur o alcalde ou algún concellal (o máximo, dúas…

  • Citas e fotos; ó fondo, Ribadeo.

        Comecemos polas fotos. A primeira, unha clásica: a saída da ría, máis ben a illa Pancha co faro e a casa. Para calquera que ande por Ribadeo, sobra comentario. A segunda, tamén clásica, pero noutro sentido: na rúa ‘Viejo Pancho’, un caserón antigo que agora tamén se pode calificar de vello (non ‘bello’), debido…

  • O estado non debe ser feudo dos que gañan

    Con esta cita de Aníbal Cavaco Silva, que remata de gañar as eleccións de Portugal, sácome unha espiña: a que me cravou o actual alcalde ribadense cando diante de máis de 300 persoas nun acto sobre as bondades e maldades da piscifactoría meirenga dixo que tiña que render contas ós catro anos. Coido que, a…