Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.241 posts
27 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Ribadeo is different

    Calquera que vexa hoxe a prensa na mariña teráo claro: Ribadeo? is different! O lema do turismo español de vai xa 40 anos (curioso, os que pasou Franco, ordeno y mando…) vénlle ó dedo a Ribadeo: leva a palma, mentras que dos outros concellos van a fitur o alcalde ou algún concellal (o máximo, dúas…

  • Citas e fotos; ó fondo, Ribadeo.

        Comecemos polas fotos. A primeira, unha clásica: a saída da ría, máis ben a illa Pancha co faro e a casa. Para calquera que ande por Ribadeo, sobra comentario. A segunda, tamén clásica, pero noutro sentido: na rúa ‘Viejo Pancho’, un caserón antigo que agora tamén se pode calificar de vello (non ‘bello’), debido…

  • O estado non debe ser feudo dos que gañan

    Con esta cita de Aníbal Cavaco Silva, que remata de gañar as eleccións de Portugal, sácome unha espiña: a que me cravou o actual alcalde ribadense cando diante de máis de 300 persoas nun acto sobre as bondades e maldades da piscifactoría meirenga dixo que tiña que render contas ós catro anos. Coido que, a…

  • Rebelde en Ribadeo

    Vin vai pouco un párrafo escrito do que me quedei coa miña versión particular: rebelde, non protestón. Coido que aprender ben a diferencia entre ambos termos é cousa importante para poboación de Ribadeo, que parece que na súa grande maioría non a advirte. O protestón farfulla, pero non traballa en positivo. O rebelde fai que…

  • De novo, Estratexia china en Ribadeo

    Si, pero o título corresponde a outra estratexia china totalmente diferente: a dos individuos e familias particulares que están a inundar a nosa terra con comercios nos que se traballa arreo e que pouco a pouco van borrando do mapa as tendas tradicionais ás que fan competencia. Pois parece que chegaron a Ribadeo: Estase a…

  • Dúas rúas, unha cita, un novo Ribadeo

    As dúas fotos corresponden á travesía Suso Peña e á Rúa Suso Peña (a que está en curva), ambas en San Lázaro e entroncando unha coa outra: así se decidiu o outro día no pleno do concello ribadense, en base a unha proposta veciñal que se materializará en dúas semanas, coas actividades en lembranza de…

  • A nova de Ribadeo hoxe estivo fóra

    Esta foi a nova de hoxe en Ribadeo: MANIFESTO DA CONSTITUCION DA “FEDERACION DE ASOCIACIONS GALEGAS CONTRA O RUIDO” (FAGACOR). Un amplo número de entidades e asociacións veciñais de Galicia sensibilizadas dun xeito especial frente ao grave fenómeno de agresións acústicas que veñen padecendo milleiros de ciudadans do noso país, xuntaronse por medio dos seus…

  • Un resume que tomei, sobre goberno, sociedade e poder:

    The wisdom of crowds – O saber das muchedumes. Unha multitude pode ser máis intelixente (tomar mellores decisións) que cada un dos seus membros por separado se se dan tres condicións básicas: diversidade da multitude, compoentes de pensamento independente, sen manipulación, e existencia dun mecanismo fiable, democrático, de recollida de opinións. O básico, a interacción.…

  • Estratexia china (en Ribadeo?)

    Vai este post non polo libro de Tsun-Tzu, ‘O arte da guerra’, senón por outra estratexia. De todos é sabida a usada polas tropas sublevadas na Batalla do Ebro: desgaste das tropas que tiñan cruzado o Ebro nun contraataque cando as podían ter botado de alí antes, pero resultaba máis rentable cara ó seu aplastamento…

  • Pleno vacío en Ribadeo

    Estes días, e ata a próxima semana, ando con pouco tempo… o que non me impediu onte ir ó pleno. Moitos temas tratados en clave, para que non se entendan dende fóra (eso parece), contestacións crispadas ou desdeñosas no mellor dos casos, … como exemplo, un botón: as dúas preguntas de O Tesón, nunha foi…