-
Promoción do casco vello
Chamame a atención que ninguén se preocupara aínda dos comercios do casco vello. Resulta que hai unha promoción dos pub e non dos comercios. E aquí hai dende boutiques de roupa a roupa de tipo deportivo, de panaderías a pastelerías, De tendas de decoración a outras de persianas, informática, artigos para pesca, perruquerías, … nembargantes…
-
Unha nota
Suprimín a entrada anterior de hoxe porque parece que daba lugar a confusión. Perdón se algún se alarmou de que me pasara algo. Parece que teño que redactar mellor. Ó mellor sería cousa de que deixara o blog durante algún tempo.
-
1º de maio
Día de festa no traballo. O pobo amanece calmo, despois dunha noite que non o foi tanto, pero sen chegar, nin moito menos, á do día anterior. Pouco a pouco iránse enchendo as rúas, e a medio día de seguro aparecerán populosas. Algo semellante ocorrerá en toda España. Nas cidades máis grandes, manifestacións sindicais. Nembargantes,…
-
O turismo de ruído e alcohol non aparece na lista.
A pasada semana foi de celebracións e declaracións en Ribadeo. Nembargantes coido que os concellos estaban esperando secretamente para un estudo sobre o turismo na zona lles axudar a potenciar económicamente ós seus municipios. As conclusións feitas públicas polo Conselleiro de industria son abondo craras. sinálanse no sondeo, segundo a prensa, que o desenvolvemento turístico…
-
No seu debe, o seu baixo asociacionismo
A nova non é tan nova, pero sae de novo de cando en vez. A última, na prensa do mércores, na que, por exemplo, na p. 30 de El País, saía esa afirmación que puxen como título como reverso do que chaman ‘capital social’ en España: temos un déficit grave de asociacionismo, déficit de eso…
-
Peonil? Volta as andadas
Unha imaxe dunha rúa peonil en Ribadeo non parece tan peonil como se quixera. Pode ser unha casualidade, pero non a única. Da que pensar cara ó verán sobre circulación, aparcamento, etc. Ou non? A outra foto ten unha sinal de prohibido á beira dun algo máis que desconche á beira da Praza de España.…
-
Abre a muralla
Aló polo final dos 70, a música andina tiña unha certa proxeccion en España. Entre ela, unha canción, ‘Abre la muralla’, do grupo Quilapayún, alentaba a cerrar unha muralla dende o monte á praia, cerrándoa ‘á bota do coronel’, por exemplo, e abríndo á ‘man do amigo’, tamén por exemplo. Lembreime onte dela ó ver…
-
Na procura de sensatez
Onte pasáronme un artigo, datado o domingo 23 de abril, de El Correo Gallego asinado por Victor Moro. O seu título, ‘Falta sensatez en la ría de Ribadeo’, ven a poñer un pouco de eso que falta na asignación do nome e de recursos en Ribadeo. Claro que non se entende moi ben por que…
-
Aparatoso
Aparatoso. Por sorte, é o calificativo que mellor se axusta ó accidente de onte, pois non houbo víctimas. O remolque, cargado con chatarra, saíuse do seu carril, cruzou a vía (en negro na imaxe tomada do Sigpac), rachou a barandilla (en rosa) e caeu en parábola, cortou un par de árbores ó facelo e…
-
Ribadeo, a vila dos sete miradores e o día do libro
Pódense facer outras contas, pero Ribadeo ten sete miradores que eu conte, un para cada día da semana: Cargadoiro, San Miguel, Calvo Sotelo, Atalaia, Auditorio, Mineral e Santa Cruz. Alguén coñecerá o de Calvo Sotelo como o de Obras Públicas, por exemplo, pero eses son. Que eu saiba, ningún está indicado dende o centro do…