-
Adeus ríos, adeus fontes…
coido que teño visto que Rosalía dixo ‘Adiós ríos, adiós fontes…’, pero ó que ía é a comparación con ‘adeus ría, adeus tesóns…’ que me suxeriu hoxe a vista do atestado que estaba a praia de san Román e o tesón da berlinga (eu seguirei a chamalo ‘das Figueiras’, algún día podo falar deso) como…
-
Semipeonil en Ribadeo
A da beira é a imaxe dunha rúa semipeonil. É dicir, dunha rúa na que os coches aparcados deixan a metade de espazo para que os peóns, cando non veñen outros coches, pasen… será esa a definición? Certo, estamos en agosto. sacarei outra foto máis adiante, fóra de agosto. Hoxe o tenente de alcalde fala…
-
Chove miudiño
Da o mesmo que onte o INM dera unha porcentaxe de choiva do 10%, tras chover boa parte da noite, leva choviscando a mañá. Non creo que teñan problemas na xira co tema do lume, que este ano levou a normas drásticas como a de non botar foguetes. A festa dará comezo co pregón sábado…
-
Hernán, Ría de Ribadeo, … (2ª de hoxe)
Remato de cargar a parte da acta do último pleno municipal (10/07/06) que trata do nomeamento do auditorio Hernán Naval. A foto da ría de Ribadeo amosa unha ‘nova illa’ fronte a Castropol. Nadando nadando, achegueime e vin máis in situ o tema, o perfil do tesón de Castropol, e téno curioso: entre o cacho…
-
Pequena reflexión para un día de mercado
Copio: ‘Los políticos españoles no tienen contento a casi nadie, en términos generales. Pero por lo menos deberían intentar no darse la importancia que no tienen y ser menos fatuos.’ Pregunto: É aplicable á nosa zona? A fonte: unha carta que aparece no ‘El País Semanal’, de Javier Marías a begoña Lasagabaster. E outra, máis…
-
Auga (2ª de hoxe)
Lembro que un dos primeiros comentarios que me fixeron unha volta afincado en Ribadeo foi que pouco tempo antes o pobo tiña uns problemas de subministro de auga grandes. Dende aquela, cos seus máis e os seus menos (algún día con auga en mal estado, chea de terra, rotura de cañerñia, etc) non teño constancia…
-
Un pouco movida
Así vai estar a xira (suponse), e así saíu a foto do cartel… Mentres, comeza a procura de información sobre a nova piscifactoría que pretende Pescanova / Insuiña S L. Tentarei ir sacando algunha información. Como comentario a parte, vendo as estatísticas por fin de mes, decateime que a semana pasada fora a de maior…
-
Importando esperma
Pouco de novo por Ribadeo hoxe, polo que me paso a fóra do territorio normal, botar unha ollada… Polo que parece, o Reino Unido importará esperma español. A nova da pé a chirigotas, lembrando aquelo de ‘macho ibérico’ ou os collós ós que se chaman algúns. Rematou a campus Party 2006, desenvolta en Valencia, que…
-
Hoxe en Rinlo (2ª)
Antes de nada, corrixir un erro. como me fixo notar Angel Aranha nun comentario, Mr. Misto si ten páxina web (ningunha das dúas se ve de xeito correcto no Firefox). Hoxe domingo foi a festa do percebe en Rinlo. As catro fotos presentan diferentes olladas: dende a ponte ó peirao, dende o muro cara á…
-
Ribadeo, música de novo
Onte foi o festival de bandas 2006. As fotos o atestiguan.A banda de Pevidém (pedanía de Guimaraes, Portugal, preto de Braga, a uns 41ºN 8ºO) cambiou a súa última obra por ‘Highlines from Chess’ (non estou seguro da primeira parte do título…), e a banda ribadense deixou de tocar as dúas partes centrais da segunda…