Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.452 posts
37 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Do Xardín de Sela ó ceo de Ribadeo

    Dicía onte que as vistas do xardín poden ser moi diversas e ofrecer polo tanto diferentes ‘visións’. Aí van varias do entorno das flores de onte. Unha, de onde tomei unha parte para as flores, outra, onde se ve claramente que o xardín non é máis que unha illa verde no mar de fóra, con…

  • Unha (ou catro) chamadas de atención

    As fotos dan moito de si. As de hoxe son 4(+1) de Ribadeo para chamar a atención (e a unha para plantear unha visión diferente). A Primeira, igual que as outras, unha denuncia xa coñecida: o lixo e a separación, o do cacareado ‘burriño ecolóxico’, non sei de onde se sacou ou como houbo que…

  • Unha comunicación reducida para a xente que formou parte da banda

    Recibín un correo que paso ó blog como segunda entrada de hoxe porque coido que unha parte dos lectores son antigos músicos da banda (sinfónica) (municipal) de Ribadeo [os parénteses son porque tivo varias denominacións sucesivas, mesmo baixo a batuta de Hernán, ata a actualidade]. >A TODOS OS MÚSICOS QUE PASARON POLA BANDA DE MÚSICA…

  • Matemáticas electorais para Ribadeo

    Esta segunda entrada de hoxe vai para cargar un vello artigo con motivo de eleccións anteriores. Está ‘descontextualizado’, porque as eleccións refereidas son as municipais ribadenses do 2003, pero quen prema co rato nel para amplialo ó mellor está mellor preparado para despois das novas eleccións…

  • Outro blog para comparar

    Falaba onte cun amigo dos blog de Ribadeo. Estabamos que, a parte de O Cargadoiro, Lonxe do Mar e este, non coñeciamos máis de funcionamento máis ou menos continuado con base en Ribadeo e que trataran cousas de Ribadeo, cada un no seu diferente xeito (hai outros, como por exemplo de base tecnolóxica, ou mesmo…

  • E terceira de hoxe sobre Ribadeo

    Remato de enterarme de que o final do pleno foi máis movido que as outras partes, de calquera xeito, e a pesares do chamamento á presenza dalgunha xente, parece que se foi solventando todo dun xeito moi suave. A resposta ás preguntas de O Tesón ó pleno, a primeira, collida en parte como suxerencia factible,…

  • Un artigo vello para reflexionar sobre Ribadeo: ‘O que é o mundo’ (2ª de hoxe)

       Despois de reflexionar un pouco sobre o pleno de onte na corporación de Ribadeo referido na entrada anterior, e aínda a falta de máis información sobre a parte do pleno na que non estiven, relein un artigo que parece ter pouco que ver con el. Nembargantes, unha volta leido, xa non penso igual. Por…

  • Pleno o pleno de Ribadeo

       Mágoa, alongouse de máis e tiven que marchar. Foi curioso ver a un público que non se achega por alí normalmente, de tódalas tendencias, pero de xeito preferente PP, achegarse a un pleno inusual. Nel faltaban candidatos ás eleccións xa nomeados.    Non foi curioso porque o goberno estivera en minoría (a orde do…

  • En minutos, pleno (2ª de hoxe)

              Mentalizado para o pleno, despois de ler a entrada do blog do cargadoiro,(1). ver como se limpa, … e ver que o debate sobre o sacar ou non os soldos non vai de cara a facer cousas que os xustifiquen, senón a defenderse con cousas como ‘fago parello ó que fixeches ti’ (ver…

  • Expectación en Ribadeo (pero menos)

       Despois dun espectáculo, vacuo, ó que lle ven moi ben o nome en relación á actualidade ribadense, parece que hoxe o pleno presenta morbo pero non substancia: que fará Santiago? pouco importa se non hai contido. Pero eso non impide que a xente se pregunte que apsará, mentras outros miramos para outro lado:   …