Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.421 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Itinerario cultural natural. Comarcas das Mariñas luguesas e Ortegal

    O título corresponde á tradución galega de algo que se presentou hoxe ás 12 no Hernán Naval ante unha ducia de persoas. Unha web, http://coastatlantic.comarcasdegalicia.com que aporta a novidade da promoción pública, mais coido que non moito máis. Sen ir máis lonxe, o que fala das casas de indianos en Ribadeo vese superado agora mesmo…

  • Mirando un pouco máis aló

    Non hai moito saiu medio tapada a nova de que Acuinor, despois de saír na prensa o contrario, non ía recorrer contra o decreto que din que lles impide a viabilidade da piscifactoría. Hoxe é Pontevedra a que xera unha nova: “Qué razóns pode aducir o Goberno para non actuar contra Ence?”. A pregunta podería…

  • Alguén sabe a que se refire o titular que poño?

    O titular é: ¿Por qué interesa tener banda ancha en las zonas rurales? (El País digital, hoxe). E eu pregúntome: As zonas rurais teñen habitantes con razas diferentes respecto ás urbanas ou algo así? Se a resposta fora afirmativa, aínda quedaría a explicación de racismo para o titular. Como coido que non é así, non…

  • Líderes falando, o pobo á espera

    Parece que se vai consolidando o de falar pola parte de arriba, é dicir, entre os líderes dos partidos políticos. Eso coido que é bo, pero sería mellor con transparencia (pode que non sempre sexa posible tela, pero inaugurar o intercambio sen ela non sei se será moi bo), e tamén quizais comezar co diálogo…

  • Xoves nove de agosto, en Ribadeo

    Mañá xoves terá lugar no salón de plenos do concello a presentación dun Congreso sobre o ‘Viejo Pancho’ que terá lugar a cabalo (… é unha expresión a honra do gaucho galego) entre Ribadeo e Lourenzá en setembro. Parece interesante, e é magoa que polo menos a parte non poda ir por ter compromiso nas…

  • Casas de Indianos en Ribadeo. VII Casa roxa

    Descoñezo o seu nome. O título púxenllo debido á cor que ostentaba na foto, mais na actualidade é azul. Non é indiana, pero paréceo. O estilo é o típico de indianos, pero a casa non foi feita por eles. edificio grande, emblemático, vistoso, … Situada á beira da Calzada

  • Comentarios nos xornais

    “Aunque los discursos finales rebosaban optimismo y valoraciones positivas, ahora tienen que ser los ribadenses los que deben juzgar si ha merecido la pena el festival y la inversión que requirió. Dicen que rondó los 40.000 euros.” O comentario é feito na Voz de hoxe sobre On&Off. Outros anos xa ten pasado de críticas fortes…

  • Un artigo, leído en clave de ruído

    O seu título: Os que contaminan deben pagar a factura …’xa non se trata de se podemos permitirnos o luxo de facer algo para remediar’…’senon de se podemos permitirnos o luxo de non facer nada’. …’ten moito máis sentido usar a forza dos mercados – o poder dos incentivos – que depender da boa vontade,…

  • On, Off e a auga

    A auga botou abaixo a presentación ó aire libre das curtas feitas en Ribadeo: tivo que ser no cine teatro, coas xente sen avisar. Curtas que tiñan moita miga, con algúns defectos técnicos lóxicos nunha realización total de pouco tempo, seguindo o lema non escrito ‘apresa, apresa’. Polo menos a min gustáronme en xeral; e…

  • Casas de Indianos en Ribadeo. VI A Calzada

    A Calzada limita coa Casa dos ananos, cun estilo ben diferente e rivalizando no xardín.