-
A programación cultural (derradeira por hoxe)
Remato de recibir a programación cultural (din que da semana, pero non é así e corto un pouco), e aí vai: CAMPAMENTO MUSICAL até o día 15 no C.E.I.P Gregorio Sanz. Org. Amadores da Música * Onte foi o día da familia, e mañá, actuación ás 20:00 na Praza da Música. (esto non o di…
-
Casas de Indianos en Ribadeo. X Casa de Rodríguez Blas
Lindando coa Casa de Andés cara o centro do pobo, atopamos a de Rodríguez Blas, cunha fronte quebrada solucionando o problema de ter dúas liñas de fronte ás que aterse, a marcada pola de Andés e sucesivas e a marcada pola da axudantía (tamén de indianos, a próxima que sairá na lista) cara ó centro…
-
Parece contraditorio
Pareceo. Hai novas periódicas sobre o día da bicicleta, pero non vin desenvolverse por aquí pistas para bicis. Periodicamente lanzo a idea, e parece que terei que seguir facéndoo, para ter vias para bicis en Ribadeo. É un pobo que é chan na zona urbana (na maioría da actual) e na parte máis poboada da…
-
Perseidas
Esta noite, do 12 ó 13 de agosto, é especial, en Ribadeo e en xeral en todo o mundo. Para saber máis, ver os artigos de Física e Química en Ribadeo sobre as perseidas pola ESA e pola NASA. Como adianto, cara ó mencer será o pico de visión de estrelas fugaces en todo o…
-
Brazoturismo
Despois das marchas cicloturistas, o seguinte paso é o que está a dar o Altruán, clube de piragüismo de Ribadeo, programando a travesía dende a punta de aló de Barreiros ata Ribadeo en piragua, é dicir, a brazo partido. É o segundo ano e, de estar en forma, non debe ser mala idea para facer…
-
Fracasa de novo, fracasa mellor
O título é unha frase atribuída a Samuel Beckett por Michael Ignatieff. Despois de re-ver onte a construcción da zona de Barreiros, espero que a frase sexa o límite malo da resposta a dar á construcción en Ribadeo. O que non entendo ben (e me parece evidente que non debera ser así) é que os…
-
Casas de Indianos en Ribadeo. IX Casa de Andés
A casa de Andés está a pouco metros da de Docobo, pola mesma beirarúa cara o centro de Ribadeo, na mesma rúa de san Roque. É a estremeira dun conxunto de catro casas indianas adosadas. A seguinte, a de Rodríguez Blas, intúese á súa dereita.
-
Campamentos musicais
Etérome onte e confirmo hoxe que no concello de Ribadeo nestes momentos están a coincidir dous campamentosmusicais: un, de Amadores, no CP Gregorio Sanz, e outro no campamento de A Devesa, non sei de propiciado pola Xunta (hai outro campamento alí mesmo con rapacería portuguesa e galega, nunha experiencia intercultural que din, con fondos ).…
-
Algo diferente
Atopámonos hoxe na prensa con que o alcalde manda investigar se dous socorristas foron ó bar en hoario de salvamento. Ó mellor é porque non saiu na prensa, pero coido que é a primeira vez en tempo que vexo que algo desto pasa en Ribadeo. E refírome a que se tente un mínimo control, non…
-
Casas de Indianos en Ribadeo. VIII Casa de Docobo
Na beirarúa do ‘Tranvía‘ e do grupo da axudantía está a casa de Docobo
