-
Comparacións
Nestes días de campaña as preocupacións normais tenden a esquecerse porque queren que nos preocupemos doutras ‘anormais’, máis lonxanas, ou menos determinantes, ou sinxelamente, cara ás que nos queren levar porque controlan mías, por exemplo. Mentras, onte nun mesmo periódico, a Voz, saíron novas de degradación do mar, degradación dos ríos e degradación das augas…
-
Del monte sale quien el monte quema
Agasalláronme co libriño do que reproduzo a portada, a contraportada e a páxina da ficha (os da universidade sempre meten unha páxina coa ficha do libro). Fáltame por ler… o que non quita que me fixara nalgunha cousa, como a edición totalmente en castelán cando na contraportada ten unha síntese relativa ó premio Dámaso Alonso…
-
Naderías
Hoxe vexo na prensa unha pequena nova que vai no mesmo sentido do que levo escrito varias veces. di que a este paso, a capital mariñán será Oviedo, pois a autovía cara aló leva e de aló ven… Levo pedindo Policía Local con horario ampliado longo tempo: aínda onte vin un anuncio de festa nouturna…
-
Apatía de Ribadeo
De novo aparece a apatía. Esta volta entre os comerciantes, como un dos puntos básicos para que despois de 9 anos Gervasio Cao deixe a presidencia da Asociación de Comerciantes. Coido que nalgúns puntos, Cao e máis eu temos coincidencia de opinións. Noutros, oposición total. Así, por exemplo, aparece como un dos logros punteiros alardeados…
-
Amañado
Xa está dispoñible en http://www.ribadeo.cc/agremon/entroido.odt a versión en formato normalizado .odt do libro 25 anos de entroido ribadense. O sitio, Ribadeo.com. Os autores, Pepe e Gilberto. E o ‘intermediario’, eu. De xeito alternativo, con algo menos de resolución, en Xesdo.
-
Eu crin que só eran dous partidos! (Unha pequena reflexión)
O título corresponde á expresión dun pre-adolescente veciño de Ribadeo ó chegarlle á casa familiar propaganda eleitoral, a ‘sábana’ que envían de propaganda para a Senado, na que teñen que figurar todos os partidos. Pois si, neniño, non só son dous partidos, senón toda esa ristra que ves. Hai os dous coñecidos, está o BNG,…
-
Deixando por un momento a campaña
Onte vin parte da confrontacion televisiva entre os dous príncipes dos partidos maioritarios. Coido que Zapatero levoulle a ventaxa lixeiramente a Rajoy, se ben non andiveron finos ningún dos dous en moitos momentos, con meteduras de pata como a de Zapatero co canon ou as repeticións de Rajoy co terrorismo (que secundou en parte Zapatero).…
-
Un novo libro na rede
Unha nota curta: xa está colgada na rede a versión .pdf do libro ‘25 anos de entroido ribadense‘, de Pepe e Gilberto.
-
Vivimos a perda de decencia de parte da élite do país
O título, collido dunha nova de El País de onte corresponde a algo dito por un ministro e indicaría unha candidez extraordinaria. O caso é qee non está dito en España, senón en Alemania, a conta do escándalo dos ricos que reseñei o outro día. Aquí a cousa é outra: eleccións. Así, onte, na COPE,…
-
Domingo en campaña
Pouca cousa de novo estes domingo. Deixo de testemuña do avance na campaña o correspondente a unha comida-mítin (novo concepto para sufragar gastos con clientes ó estilo americano?) realizada onte e un mítin-mítin a realizar hoxe. Xa andan anunciándoo para o próximo domingo. Parece que para chamar a xente xa non chega con chamala unha…