-
David Antonio López Álvarez
Ribadense. Ten exposto moitas veces ó longo do viciño mundo mundial, ten estado en conversas para crear unha sección de museo destinada á súa colección, mesmo coido que un museo enteiro, ten… exposto por última volta en Ribadeo hai moitos anos na Feira da Ciencia, se mal non me lembro. Non ten unha colección de…
-
Folga
Hoxe toca folga. De comerciantes no mercado. Despois do ‘éxito do mercado de Nadal’, os comerciantes rebótanse polas subas aplicadas ós postos dos mércores. Non entendo moi ben, pero mesmo despois dalgún comentario recibido no blog sobre o mercado de Nadal, o certo é que había xente (aínda que fora moita ‘de miranda’), e que…
-
O porto de Ribadeo e a súa actividade
Deixo a película dunha secuencia de carga de pasta de papel no peirao de Mirasol. Coido que é unha actividade importante, e despois da manifestación ‘ría si, nave non‘, debemos axeitarnos a contribuír dalgún xeito á mellora sen impactos negativos da actividade económica. En caso contrario, voltaremos a afrontar dentro dalgún tempo outro recheo,…
-
A casa de baños, análise fotográfica actual
Despois de ‘Tres fotos de Ribadeo‘, quedábame o descobrir se se podía entrar na zona da antiga casa de baños ou non. Pois si, cúmprese a lei e o resultado son as fotos que acompañan. A entrada, pola pasarela máis pegada á beira do peirao, permite ver a antiga praia, á que se chega despois…
-
Accesibilidade
Parece que o concello non só non permite facilidades para acceso de discapacitados á casa do concello. Pódese ver que na flamante nova web tampouco está permitido linux, por exemplo, para ver as fotos aéreas. É dicir, quen quera ser libre en internet será equiparado a un discapacitado… Os outros poderán ter a ilusión de…
-
Teléfono 902 do Sergas
Paso ó blog parte dun correo que me chegou hoxe en relación coa polémica do 902 do Sergas e que pode ser interesante como método, polémica a parte. ” Se te chegou unha carta do Sergas para que pidas cita no teléfono 902-077-333, para beneficiarte da tarifa plana ou chamar máis barato, o único que…
-
Superación de filtros na información
Hai veces que me pregunto como ter acceso a información de Ribadeo. O certo é que hai veces que a ocultación de información ou a censura están nos lugares menos pensados. Por exemplo, no acceso á rede. Por iso, aínda que non sexa de Ribadeo, deixo aquí a ligazón un pequeno manual para sobrepasar os…
-
Tres fotos a Ribadeo dende fóra
A praia que queda onde a antiga casa de baños é algo descoñecida para os ribadenses actuais. Podese chegar a ela sen atravesar as instalacións do restaurante? O perfil a contraluz de Ribadeo tamén pode resutlar estrano…e o que queda do ‘rego de Barcia’ (coido que foi o nome que me dixo Teresa Díaz) antes…
-
Convocatoria
Pásanme, para dentro de 15 días, o díptico das xornadas mindonienses de arqueoloxía, que deixo na entrada. Asemade, tamén recibo vía correo electrónico unha publicación da que non sei nungunha ligazón direita, polo que a carguei en http://publicadoenribadeo.wikispaces.com.
-
Nota de prensa / Xuntanza da Mesa de asociaciacións de viciños de Ribadeo
Nota de Prensa Mesa de asociacións de viciños de Ribadeo Venres, ás 20:00 horas, tivo lugar na Casa da Xuventude de Ribadeo unha xuntanza da Mesa de asociacións. Reuníronse as AAVV de O Tesón, O Cantal de Rinlo, A Madanela de Remourelle, a Atalaia, Vilaselán e Santalla de Vilaosende. A xuntanza respondeu á chamada a…