Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.485 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • O día máis longo

    Unha curiosidade para este ano 2009. en España, o día 1 de xaneiro será o día máis longo do ano, pois durará 86401 s. O por que, un acordo internacional para aumentarlle 1 s a tódolos reloxios atómicos que forman a rede mundial de referencia en tempo. Acordouse facelo á hora 00:00:00 correspondente ó meridiano…

  • Felicitación

    Reciclo a felicitación da alcaldía para o novo ano. Cambiará moito Ribadeo este ano?

  • Despedir o ano correndo, algo máis sobre a San Silvestre 2008 de Ribadeo

        Unhas poucas verbas para deixar algunha información sobre a carreira que comezará (… e finalizará esta tarde).     O Recorrido, as distancias aproximadas en m (pronto, tamén as alturas), os organizadores esta mañá no concello, e unha ligazón, http://sdribadeo.info/ para ver os resultados. Saída 0 Fonte 240 S. Francisco 452 Mercado 513 Mercado 640…

  • Fin de ciclo

    Noutro momento falarei do que significa o 31 de decembro en xeral e para min. Agora só prestar atención a un par de novas, unha delas que hoxe volve unha nova edición da carreira de san Silvestre (polo santoral de hoxe) de Ribadeo, con recorrido semellante a outros anos pasados. A outra, algo que marca…

  • A voltas co plan sectorial

    … agora resulta que todo o mundo, incluído o alcalde (grupo de goberno) alegará ó plan que antes defendía (ou iso dicía). Será ‘só’ cousa de que hubera unha manifestación diante do concello o sábado? (a parte de que houbera pouca información e que os cartos sexan poucos?) A foto, un dos lugares que sufriría…

  • Se eres legal, comparte

    Collo do blog de Fernando unha campaña que anda pola rede. Que vos aproveite. Había unha imaxe, pero foi retirada da rede, e … era “siereslegalcomparteizdagi0” en formato gif. A ligazón que dirixía a ela: Se eres legal, comparte.

  • José Luis Trashorras Méndez

    Non se me dan ben as necrolóxicas. Coido que se pode dicir del que era unha boa persoa. Pero así non se lle fai xustiza para ter unha semblanza, necesaria para a súa lembranza ata o 28 de decembro de 2008 dende o seu nacemento en Meira. Fomos compañeiros varios anos no IES Porta da…

  • Ante as eleccións, reflexión

    Andamos coa preparación das eleccións, e a bondade/maldade de coincidencia galegas/vascas…Ante as eleccións, reflexión, e non só dos electores, senón dos electibles. Coido que unha cita de Obama (neste artigo) vai ben a conto: “Hai que opoñerse á idea de que é aceptable dicir ou facer o que sexa para gañar unha elección … Iso…

  • Haec est domus paupertatis

    Preparando o ano novo, máis que os villancicos coido que sería intelixente mirar ó pasado. A porta de entrada ó convento de Sta. Clara, de cara ó ano que entra, en plena crise, pode dar que pensar. Máis se se le a nota que aparece na porta e que máis ou menos, indica que as…

  • 28 D, o día dos iñocentes. De comentarios

    Como xa teño dito varias veces, recibo de cando en cando comentarios anónimos de diverso tipo. Hai algúns que poño, outros que non. E, de cando en vez, aclaro algunha cuestión das recibidas. Atopeime hai poucos días coa insistencia dun comentario enviado e enviada a queixa de non publicación despois, e, cun pouco de tempo,…