Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.454 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Un par de fotos ou máis

        Entre unhas cantas máis, coido que istas son abondo ilustrativas de como está a quedar a circunvalación de Mirasol e o illamento que non se vai parar do porto. Ribadeo xa ten o aquel de ter os ribadenses, hai moito, dadas as costas ó mar. Agora non é que lle vaia dar as costas,…

  • Música ribadense

    Despois de estar a escoitar villancicoscase de 9 a 9, coido que apetece unha variación. Enerome de casualidade de que Chenchu está a cargar algún vídeo da Contrabanda., como estes dous (e 2).

  • Ruído no Nadal

    Parece que as festas motivan. No que vai de semana entereime dun novo caso xudicial sobre ruído producido por locais en Burela e mesmo en Antas de Ulla. Polo que sei, despois de que me chamaran, o de Antas é moito menos do que ocorre en Burela ou aquí, pero abonda aínda que está a…

  • Comunicado de O Tesón

    Sobre asociacionismo A AVV O Tesón ten xa tras de si un camiño recorrido. Dende o ano 2003 andando cara as eleccións, que foi fundada, é xa por desgraza con diferencia de tempo a avv máis lonxeva do núcleo urbano de Ribadeo. Por desgraza porque ten habido outras que foron suspiro dun día, aínda que…

  • Armóuse o belén!

    … por algo foi noiteboa. Bo Nadal co belén de Vilaselán. A notar que o neno-Deus aínda non está presente (aínda non nacera) e os reis están a comezar o seu camiño. Vese asemade que o Belén está chantado dentro doutro mundo, aínda que se tente adornar como facendo un a parte.

  • Sobre algún “agasallo de Nadal”

    Coido que pode ser interesante… o mesmo que este outro.

  • Mercado de Nadal

    Hoxe haberá mercado de Nadal. E non me refiro ás entradas para o partido / propaganda de A Coruña entre Galicia e Portugal, que serán sinxelamente repartidas, senón ó mercado dos mércores. Parece que ante o que pode ser un día forte de emrcado os comerciantes abandoarán hoxe a folga. Parece ser tamén que se…

  • Algunha foto

    Na rúa peonil Rodríguez Murias comezou a moverse o solar xusto fronte á rúa Calvo Sotelo, despois de pasar moito tempo en malas condicións. Agora está limpo e disposto para construír, co que é de supoñer que pronto se verá aí un novo edificio, de fachada parella ó que caeu, se nos fiamos das fotos…

  • Aclaración: a historia do blog

        De cando en cando, a falta de novas (hoxe, por exemplo, á espera de que o gordo toque en Ribadeo) ou un pouco por pasotismo, collo cousas do propio blog. O outro día, en ‘Temperatura ambiente‘ atopei un comentario pedíndome explicacións sobre o nome do blog, que califica de desafortunado despois de aminorar un…

  • Un xuíz ordea retirar as licenzas a catro pubs de Cariño por exceso de ruído

    Unha volta máis, váise actuando contra o ruído, aínda que Ribadeo vaia con retraso en tomar medidas… como se pode ver moitas noites.