-
Ante as eleccións, reflexión
Andamos coa preparación das eleccións, e a bondade/maldade de coincidencia galegas/vascas…Ante as eleccións, reflexión, e non só dos electores, senón dos electibles. Coido que unha cita de Obama (neste artigo) vai ben a conto: “Hai que opoñerse á idea de que é aceptable dicir ou facer o que sexa para gañar unha elección … Iso…
-
Haec est domus paupertatis
Preparando o ano novo, máis que os villancicos coido que sería intelixente mirar ó pasado. A porta de entrada ó convento de Sta. Clara, de cara ó ano que entra, en plena crise, pode dar que pensar. Máis se se le a nota que aparece na porta e que máis ou menos, indica que as…
-
28 D, o día dos iñocentes. De comentarios
Como xa teño dito varias veces, recibo de cando en cando comentarios anónimos de diverso tipo. Hai algúns que poño, outros que non. E, de cando en vez, aclaro algunha cuestión das recibidas. Atopeime hai poucos días coa insistencia dun comentario enviado e enviada a queixa de non publicación despois, e, cun pouco de tempo,…
-
Plan sectorial e manifestación
Despois da entrada sobre o tema, deixo unha ligazón sobre a manifestación desta mañá e algún comentario máis. Xa veremos tamén o que sae na prensa. Porque hoxe saiu por exemplo, isto. E paréceme pouco adecuado que un alcalde tente substituír un apoio ós necesitados de pisos (aínda que poida que nonesteña moi ben deseñado)…
-
Moitas persoas son demasiado educadas como para falar coa boca chea, pero non se preocupan por facelo coa cabeza agachada
Parafraseado a partir de “Modales“. Coido que o orixinal, ‘coa cabeza oca’ non é tan malo como o cambio, coa cabeza sumisa a ideas a partir de intereses doutros.
-
O porto de Ribadeo, de novo
O día 9 deixei un post sobre a carga no porto que entendo que na actualidade é abondo eficiente, pero iso non evita que poda saír algunha idea que a mellore. Nos comentarios adiantei que voltaría a tomar o tema máis adiante, se ben con poucas novidades. Dous conxuntos de fotos sobre a circunvalación…
-
Mañá hai convocada unha manifestación
Avisáronme de que mañá sábado hai convocada unha manifestación. Ás 11 diante do concello. Trátase de protestar polo “Plan Sectorial Galego de Solo Residencial “, polo que o concello sacou unha nota de prensa o día 18, e mantivo unha xuntanza informativa coido que o día anterior. Certo é que o prazo para alegacións non…
-
Un par de fotos ou máis
Entre unhas cantas máis, coido que istas son abondo ilustrativas de como está a quedar a circunvalación de Mirasol e o illamento que non se vai parar do porto. Ribadeo xa ten o aquel de ter os ribadenses, hai moito, dadas as costas ó mar. Agora non é que lle vaia dar as costas,…
-
Música ribadense
Despois de estar a escoitar villancicoscase de 9 a 9, coido que apetece unha variación. Enerome de casualidade de que Chenchu está a cargar algún vídeo da Contrabanda., como estes dous (e 2).
-
Ruído no Nadal
Parece que as festas motivan. No que vai de semana entereime dun novo caso xudicial sobre ruído producido por locais en Burela e mesmo en Antas de Ulla. Polo que sei, despois de que me chamaran, o de Antas é moito menos do que ocorre en Burela ou aquí, pero abonda aínda que está a…