-
Un podcast sobre ribadeando (xerado artificialmente e en inglés)
Hoxe fixen un novo podcast como presentación de Ribadeando. Cabe dicir que foi un experimento (polo momento, debo tomalo como unha experiencia máis) do uso de outra ferramenta de IA, o NotebookLM de Google, que permite facer un podcast en base a documentos que se lle suban á plataforma. A única opción que ten…
-
Lembrando a paz
Un apunte rápido para lembrar que mañá volve ser domingo. Isto é, ás 12:30, nas escaleiras do concello de Ribadeo, reunirémonos para lembar que a paz hai que construíla, lembrala, coidala… e facer pola súa existencia.
-
Índices de calidade
Hai uns días, a través dunha noticia, cheguei ó ‘Indicador multidimensional de calidade de vida‘, IMCV, construído polo Instituo Nacional de Estatística, INE. Nada moi diferente en datos do que podamos atopar noutros lugares. Mais neste caso, engádese unha curiosidade , o poder construír o noso propio índice, ponderando ó noso xeito os nove…
-
Visitando a Rosalía
Deixo a ligazón á noticia de gCiencia. O cometa Tsuchinshan-ATLAS (C/2023 A3), que mantivo estes días pasados a actividade astronómica a nivel mundial, visto dende a praia de Baldaio ó anoitecer do 20 de outubro, pasou preto do fondo de estrelas onde se atopaba a estrela Rosalía de Castro, e foi fotografado en tal…
-
Necesitamos información, non propaganda. Liberemos a Galega.
Onte tivo lugar en Ribadeo unha das múltiples recollidas de sinaturas que se están a levar a cabo por toda Galicia para salvar un dos piares informativos que temos. Aquel que noutros tempos fixo brilar o Xabarín e con el, a esperanza. O mesmo medio que leva secuestrado xa tempo, en situación irregular de…
-
Continuemos a crear conciencia social. Pablo Mosquera
Continuemos a crear conciencia social Un equipo do Instituto de Salud Carlos III (ISCIII) publicou dous novos estudos sobre a influencia da contaminación atmosférica e o efecto das ondas de calor na aparición e/ou agravamento de determinadas enfermidades e no aumento derivado de certos ingresos hospitalarios. As investigacións, lideradas dende a Unidade de Cambio Climático,…
-
Masóns
Como foi anunciado, o sábado á tardiña foi presentado o libro ‘Galicia y la Masonería en el siglo XIX’. Deixo unha foto do salón antes do comezo do acto, o resume e o vídeo do mesmo (falta un pouco do final), así como a ligazón á web do libro e ós datos do autor:…
-
O galego no cemiterio. Un recorrido polos cemiterios de Ribadeo a través do galego
Onte sábado tivo lugar a presentación da exposición “Un recorrido polos cemiterios de Ribadeo a través do galego”. Emotivo, sentido, o público enchía a oficina de turismo para ollar esta exposición construída da man da Asociación Cultural Francisco Lanza. Despois da nota de prensa e dúas das fotos distribuídas pola A.C. Francisco Lanza, deixo…
-
Nota de prensa do BNG de Ribadeo sobre ocultación de información
Adxunto nota de prensa do grupo municipal do BNG en Ribadeo. Trata sobre a ocultación de información, un fenómeno que dun tempo a esta parte produce acusacioóns contínuas entre partidos a diferentes niveis, se ben o certo é que en Ribadeo levábamos uns cantos anos sen moitas queixas que trascenderan nese sentido. Que quede…
-
Mondoñedo: Camelot do silencio. Pablo Mosquera
Mondoñedo: Camelot do silencio Pablo Mosquera A nosa Valibria é inmortal aínda que ás veces está durmida. As súas rúas son unha sinfonía de edificios fortes ou templos que lembran a súa condición de capital ata 1833. As súas elegantes chemineas ou aqueles patios de entrada a casas fortes amosan un patrimonio histórico-artístico. Segue a…