Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.486 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Testemuña gráfica

    Comentaba Hai algún tempo sobre a contaminación da ría. Hoxe deixo unha pequena testemuña gráfica, despois de ter pasado un día a comezos de verán cousa de 3/4 de hora na auga entre os Bloques e o peirao de Castropol, coa marea subindo pero máis pendente de que non se achegara ningunha motora nin moto…

  • Pleno por fases (II)

    Despois da ‘presentación‘ e da primeira parte, remato con esta entrada o pleno de 20090921. A gratuidade dos libros de texto, moción do PSOE para apoiar a volta ó sistema de anos pasados, deixou o comentario de UPRi de que era mellor do que hai ieste curso, e o do BNG de que o actual…

  • Pleno por fases

    Despois dunha primeira entrada sobre o pleno do concello de Ribadeo de 20090921, e de ter xa publicado José Mª Rodríguez unha reseña extensa, continúo referindo algunhas cousas do mesmo. O final do pleno foron as contestacións ás pregutnas de O Tesón. A primeira, “(…) permitímonos suxerirlle o Concello, se o convenio que ten suscrito…

  • Falando do pleno na Casa do Marqués de Sargadelos

    Onte houbo pleno en Ribadeo. 12 persoas que foron minguando ó longo da sesión foi a asistencia a un pleno que durou de 20 h a 23 h e no que se puido ver un bonito anoitecer a traverso dos balcóns frontais do pazo. Foi tamén un pleno no que tres habituais faltaron: o portavoz…

  • Sobre a neutralidade na rede

    Moito se leva falado da ‘neutralidade na rede’. Iso quere dicir, máis ou menos, que se deixe a rede como o que é, un vehículo, e que non se tente apropiar por ninguén para manexala segundo as súas preferencias, algo que se pode facer de moi distintos xeitos e que, en España, estase a facer,…

  • Poboación de Ribadeo: detalle

    … a lembrar que premendo co rato sobre a imaxe, pode ampliarse.. Recollido de http://www.ine.es Ano 2008: Provincia * Municipio * Unidade Poboacional * Poboación total * Varóns * Mulleres 27 Lugo * 051 Ribadeo * 000000 RIBADEO * 9854 * 4671 * 5183 27 Lugo * 051 Ribadeo * 080000 RIBADEO (STA. MARIA) *…

  • Do mar ó aire

    Despois dunha semana case sen publicar, atópome con que a polémica pola grúa das Figueiras está case desaparecida da prensa (aínda que non da rúa), mentras se mira ó ár para promocionar o aeródromo de vilaframil, máis ou menos cos mesmo presupostos (de cartos e miras) que a comezos da década. O helicóptero do km0…

  • Divide e vencerás: zonas na costa

    Foi esta mesma semana. Unha previsión da Xunta. Dividir a costa en varias zonas (7) para que cada unha teña uns permisos de actuacións diferentes… coido que, máis división, máis facilidades para a incomprensión e o salto de mata, para rematar a costa galega construír nela (edificios, …) e destruir nela (a propia costa…)

  • Polémica servida

    Aínda na distancia, a desinformación parece ser a clave da polémica pola grúa-torre das Figueiras. Pode ter 80m de alto, pero só ten 60. Pode desarmarse, pero aínda non está aclarado se é provisional, mentras se fai outra estrutura ou un traballo concreto, ou definitiva. Así, mentras é dificultoso falar sobre ela, é moito máis…

  • Chamando a atención

    Nunha entrada rápida, dúas cousas: hoxe haberá unha charla sobre a mediática gripe A, esta tarde, ás 20:30 por Evaristo Lombardero. E hoxe tamén será nova nos xornais a grúa de Gondán, nas Figueiras. Non puiden vela aínda, polo que non entro a valorala, pero polo que din, é para reflexionar.