Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Voltando á realidade despois das festas

    O xornal de hoxe parece unha recapitulación. Non só das festas, senón de todo o curso anterior. As taxas no mercado non influíron na presenza de ambulantes (algo que xa se ve, patente, de mércores a mércores). A recuperación da propiedade pública da Torre dos Moreno avanza moi lentamente, pero non se perde o norte…

  • Los Navarret y el Mar – Primi Nécega

    Los Navarret y el Mar Primi Nécega      En Ribadeo todos conocen a la familia Navarret, que arribó procedente de Santander. La vieja historia comienza a principios del siglo XX, cuando el abuelo Gustavo, marinero de profesión, se embarcó en la aventura de probar fortuna en tierras gallegas. Y un buen día, con su esposa,…

  • A(tletismo) e B(illarda)

    As festas foron o tempo. Os deportes minoritarios deixáronse ver, despois do éxito do piragüismo no verán. Na billarda houbo un varapau dos Billardeiros musicais (nome que indica onde está a súa base de amizade) segundo se pode seguir no blog do Varal en varias entradas (por exemplo 1 e 2), narrado dun xeito totalmente…

  • A Freixa

    A Freixa foi o agasallo da Banda Municipal de Ribadeo ós asistentes ó concerto da patroa, na Praza da Música. Concerto dado entre a sirena de cambio dos coches eléctricos e o marmurio de moita xente, nunha actuación que non parecía estar dada en Ribadeo a causa precisamente diso, do ruído de fondo das conversas…

  • Construcción en Ribadeo

    Dunha noticia na Voz saco os seguintes datos sobre vivendas visadas en Ribadeo no que vai dende o 2000 (entendo que incluído, pero a variación sería relativamente pequena, unha diminución só un pouco máis suave do que amosa a gráfica das medias que deixo á beira): anos 2000-2006 vivendas visadas:2400 meses transcorridos:84 vivendas/mes:28,57 ano 2007…

  • Máis datos para o magnífico agosto de Ribadeo turismo

    … e para todo o verán. O Parador Nacional, segundo a Voz, tivo sen ocupar menos de unha de cada vinte habitacións dispoñibles ó longo do verán (95,1% de ocupación). Considerando cancelacións e demáis, pleno no verán. Como dixen no seu momento, a finais de xullo, evidentemente a alguén lle poideron ir mal as cousas…

  • San Sebastián, San Lázaro, San Roque, Santa María…

    A conto dunha cousa que puxen onte sobre o padroazgo de Ribadeo, falei con varias persoas e resulta que debo de estar equivocado: Santa Maria, Santa María do Campo (por estar fóra de murallas en principio), si é patroa de Ribadeo. Máis ben copatroa, con San Sebastián (digamos o ‘primus inter pares’ e o primeiro…

  • Rarezas? destes días…

    Despois da entrada de onte, coido que estes días dan gráficamente unha colección non desdeñable do que algunha xente denominaría rarezas, outra curiosidade, outra … O díptico anunciando o I Centenario da Consagración da Imaxe de Santa María do Campo pode parecer curioso, pero indica un centenario que coido que non debera pasar inadvertido en…

  • 5 de setembro

    Despois de ver un artigo de Eduardo Gutiérrez na Comarca, coincidiume pasar polo parque coa cámara, e tomei algunha imaxe referida con temas do artigo. A ocupación dun sitio céntrico e senlleiro de xeito repetido como puxen xa moitas veces no blog, ten os seus máis e os seus menos. Estamos nas patronais. A tenda…

  • A iluminación das festas patronais Ribadeo 2009

    Coa Comarca nas mans, a punto estiven de comentar cousas ‘máis profundas’, pero, en festas, como primeira do día, non vai. En todo caso noutor momento. As fotos, dos modelos de iluminación nas patronais deste ano. Coido que non se me escapou ningún dos usuais nas rúas. Onte, á noite, o Mago Antón; mágoa que…