-
O ascensor da Atalaia, onte
Pouco a pouco váise consolidando a estrutura e exterior do ascensor fronte á Ría de Ribadeo. Coido que a foto pode cdonsiderarse xa como unha vista definitiva. Atrás queda pois a Atalaia como mirador sen moita interferencia humana, e diante, a estrutura a manter no futuro. Seguiremos a preguntarnos o por que. O non facelo…
-
Un vídeo de windsurf na ría de Ribadeo
Onte, sábado, entre Castropol e Os bloques.
-
Un video baixo a ponte dos Santos, Ría de Ribadeo
Atopeino despois de ver un dos meus. Coido que é un vídeo para fixarse en detalles, como o paso polo que parece ser os baixos dunha das pilastras (está feito en 2008). A súa realización, de www.elfarero.com.
-
Unha indireta para todo o mundo (Ribadeo incluído)
Repasando vellos xornais nos que tiña cousas separadas, atópome con algunha que non deixo de poñer no blog, do diario Público de 20090906, p. 6: Unha viñeta: Título: Diálogo social (exemplo de) – Repetar os dereitos dos traballadores, si, pero… – Non se decatan de como delocalizamos as nosas fábricas en países onde non se…
-
Un erro informático, algún comentario en torno a Ribadeo e fotos para calmar e clamar
Di a Xunta, bo, os xestores actuais dela, que é un erro informático e non doutro tipo que Feijóo figure co seu soldo sen conxelar. Créoo. As desviacións de soldos diversos poden vir por moitos sitios moito máis difíciles de detectar e menor perxuízo eleitoral. Así, un erro informático pode converterse nun ‘erro informativo’, deixando…
-
De novo, o Ribadeo que queremos
Onte houbo unha tertulia na Casa da Xuventude que levaba por título ‘o Ribadeo que non queremos’ e que eu considerei no seu momento na liña da declaración ‘O Ribadeo que queremos‘. Poño máis abaixo o escrito de Pancho Campos, ausente, enviado para ser lido na xuntanza e que só foi lido nunha parte mínima,…
-
Un servizo menos servizo: outra falta para Ribadeo
A nova de que se suspenden o autobús de mediodía (14:15) a Lugo e queda só para os festivos o da tarde (18:20) á Coruña non é boa para Ribadeo. Tradicionalmente non se pode dicir que Ribadeo sexa un pobo ben comunicado, e isto agrava as cousas. Si é certo que unha empresa como Arriva,…
-
Nota de prensa da Plataforma en defensa da xestión da area sanitaria de A Mariña
recén recibida, paso a poñela como complemento á entrada que da relación das dúas xuntanzas sobre a área sanitaria mantidas luns: Dende a Plataforma en defensa da xestión da area sanitaria de A Mariña, queremos denunciar a manipulación que dende a Consellería de Sanidade se está a facer cos cidadáns desta comarca; polo que queremos…
-
Xuntanzas sobre a Área Sanitaria da Mariña (Burela, 20091019)
Conforme ó prometido nun post anterior (‘Por vía dos feitos, hospital desfeito‘), inclúo a continuación unha nota que me pasaron sobre as xuntanzas sobre a zona sanitaria mantidas o luns 19 en Burela, tendo en conta que variei unhas cantas cousas de como viñan escritas segundo a miña percepción e para axudar á letura, o…
-
0,6% ou ‘Vivir en gallego: ¿es un derecho o un deber?’
A segunda parte do título, que manteño en castelán, corresponde a un artigo aparecido na Voz de Galicia de 21/10/2009, e o de 0,6% … iso é máis longo de explicar. Resulta que boteille unha ollada ó artigo referido, que nun lugar pon, por exemplo (e cito en castelán), “De hecho, lo que ya no…