Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.486 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Úneste?

    Unha ligazón para mirar e xulgar a postura: http://televisionmanipulacion.blogaliza.org/campana/

  • Xa temos zona bookcrossing

    Rematou a presentación da zona bookcrossing na oficina de turismo de Ribadeo. Ó final, foron preto de setenta os libros liberados, que se verán aumentados cada semana alomenos ata o próximo ano. Ademais, as verbas de presentación resultaron asemade de orientación dos presentes, prolongando despois a charla e comezando alí mesmo a participación na reixa…

  • Por fin, Bookcrossing en Ribadeo

    Dende hai tempo véñolle dando voltas a poñer en marcha un sitio de liberación e cruce de libros en Ribadeo. Como soe dicirse, chegou o momento. Hoxe mércores ás oito da tarde haberá un pequeno acto de presentación da iniciativa, encadrada dentro do movemento bookcrossing a nivel mundial (a información na web pode atoparse a…

  • Os funcionarios diferentes

    Por indicacións dun amigo procuro unha nova desta fin de semana que non vira. Trata sobre unha sentenza xudicial que obriga á revisión do convenio dos funcionarios veigueños. Nada raro. Unha sentenza máis, neste caso desfavorable ó concello. Aclaremos: desfavorable ó equipo de goberno, que concello tamén son os reclamantes. Non obstante, resulta curiosa a…

  • A cultura municipal ribadense no outono

    Remato de recibir a ‘Asxenda cultural’ do concello correspondente ó que resta de ano. E así a poño, lembrando que as imaxes pódense ampliar premendo co rato sobre elas. Coido que ten algún erro, pero pequeno, e como non o podo comprobar agora, así queda.

  • Paseando polo porto de Mirasol sobre a ría de Ribadeo

    A contínua atención á verxa do porto de Mirasol que está a ter Portos de Galicia non deixa traslocer cando será o día no que a verxa se peche, estando xa preparada. Pode que non o esteña para os patróns que rexen istas cousas, pero aparentemente hai xa algún tempo que podería pecharse en calquera…

  • O ascensor da Atalaia, onte

    Pouco a pouco váise consolidando a estrutura e exterior do ascensor fronte á Ría de Ribadeo. Coido que a foto pode cdonsiderarse xa como unha vista definitiva. Atrás queda pois a Atalaia como mirador sen moita interferencia humana, e diante, a estrutura a manter no futuro. Seguiremos a preguntarnos o por que. O non facelo…

  • Un vídeo de windsurf na ría de Ribadeo

    Onte, sábado, entre Castropol e Os bloques.

  • Un video baixo a ponte dos Santos, Ría de Ribadeo

    Atopeino despois de ver un dos meus. Coido que é un vídeo para fixarse en detalles, como o paso polo que parece ser os baixos dunha das pilastras (está feito en 2008). A súa realización, de www.elfarero.com.

  • Unha indireta para todo o mundo (Ribadeo incluído)

    Repasando vellos xornais nos que tiña cousas separadas, atópome con algunha que non deixo de poñer no blog, do diario Público de 20090906, p. 6: Unha viñeta: Título: Diálogo social (exemplo de) – Repetar os dereitos dos traballadores, si, pero… – Non se decatan de como delocalizamos as nosas fábricas en países onde non se…