Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Consello sectorial da muller

    Xoves 12, 20:00 horas, salón de plenos. Foi aprobado o plan de igualdade proposto no consello sectorial da Muller. Previamente realizáranse enquisas, xuntanzas de xente diversa con gravadora, análise de temas, … Non houbo demasiado tempo para realizar os dous tomos que se presentaron. Do total de asistentes, fíxose con só dous votos en contra…

  • Xuntanza da plataforma sanitaria da área norte

    Quedouse en falar cos alcaldes que apoiaron inicialmente a plataforma (Ribadeo, Foz, Mondoñedo, Burela, Viveiro, …) para que presten un sitio en cada concello para poder informar directamente o público en xeral, e invitar ós que non o fixeron no seu momento a que a apoien agora, despois de tomar a decisión de convocar a…

  • Saneamento nas beiras da ría de Ribadeo

    Aínda non remataron na prensa as novas relacionadas co pleno do luns. Por iso quizáis UPRi segue a recoller sinaturas para o cambio de uso previsto para o antigo colexio das monxas na rúa Trinidad, e di que xa levan mil sinaturas. Pero vánse impoñendo outros temas, como o pulso do mercado de Castropol, que…

  • Un artigo de Saramago

    Vexo en im-pulso a referencia a un artigo no blog de Saramago. Non dí nada novo, pero recomendo lelo. O título, “No al paro”.

  • Algo que nos afecta

        Hai uns días vin a nova na prensa, pero só despois de que un amigo me enviara o que xa coñecía foi cando me decatei da importancia que pode ter para Ribadeo, non só para os recheos no conxunto de Galicia. Vese alí unha imaxe, ampliable, da zona afectada da ilegalidade, que entendo está…

  • Anuncio de dous cursos

    Recibín información sobre dous cursos que se farán próximamente. Deixo os datos nesta entrada, remembrando que as imaxes pódense ampliar (e gustan) … Curso de aproximación ao mundo do viño PROGRAMA Lunes 16 de novembro de 2009 16:30 h Acto Inaugural 17:00 h Ponencia: “ Pasado, presente e futuro do mundo do viño. D.O. en…

  • Un pleno no seu día (II)

    Despois da primeira parte do pleno, o punto 11º aglomerou as tres mocións. O PP presentou unha moción tipo contra os orzamentos do estado para o 2010. UPRi razoou a súa abstención no seu carácter local. O PSOE anunción o seu voto en cotra e denunciou o carácter demagóxico, segundo eles, da moción, cunha pequena…

  • Un pleno no seu día

    Non é o normal que os plenos ordinarios se celebren sen ser retrasados de día previsto. O de onte foi dos poucos. Tamén, se en xeral se pode dicir que nos plenos se pode separar o que do como, no de onte isa separación resulta esencial. E non só pola variedade e diversidade de temas,…

  • e-Wise en Ribadeo

    Despois de ver a nova do xurdimento da plataforma e-Wise en Lugo (estou a falar dunha nova que apareceu o 4 de setembro), viñéronme á cabeza dúas cousas ben diferentes. 1. Por que non en Ribadeo? 2. Ó comezo terá moitos erros debido á inexistencia de información sobre servizos existentes que non están cargados na…

  • Máis sobre ruído e Ribadeo

    Despois de publicar unha ruidosa semana, por casualidade con cámara atópome un anuncio con altofalantes motorizados do concello incumprindo as normas que sobre istas cousas ditou o mesmo concello. Xa advertira que a cousa do ruído, por conta da normativa e o seu cumprimento, aínda non é para hoxe, aínda que se vaia achegando. E…