Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.486 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Crónica dunha noite …

    “haciendo vida diurna normal, despierto de día y dormido de noche. Así que a eso de la una o las dos de la madrugada el cuerpo se extraña no solo de no estar durmiendo (…) y te manda señales que dicen: ¿pero qué haces? anda, vámonos a dormir… y tú le respondes: hoy no podemos…

  • ¿POR QUÉ A VOLTAS CO GALEGO?

    Pancho Campos Dorado Logo de ler o panfletillo, que en La Comarca del Eo Nº4680, nos larga o Sr. Luis García de Presno (non de Ribadeo? polo tanto non galego?) quedo abraiado lendo as súas verbas e diatribas que escupe en contra da nosa Lingua Galega e a favor da chorrada bilingüista que se está…

  • Por Porcillán, observando

    Pode que a estas alturas xa sexa máis práctico, en troques de falar de Porcillán ou de Figueirúa, falar do porto deportivo. Sen confusión de étimos e variación de verbas ó longo do tempo. Sinxelamente, unha substitución. Onte houbo unha asamblea do C.N. de Ribadeo, a sociedade que controla o porto deportivo. Polo momento non…

  • Para os contedores

    Hai tempo que andaba na procura dunha foto como a que deixo hoxe. Pódese comparar o espazo desaproveitado nos cobrecontedores de Ribadeo e nos de Allariz, na foto. E polo tanto, a diferencia de suxección, a diferente orde visual e o aproveitamento de espazo por fóra. Aaparentemente, son iguais. Pero hai unha non moi grande…

  • Mirando preto

    Foz está preto, a 25 km de Ribadeo. E onte sucedeu algo que ninguén esperaba: o cese nos cargos municipais dunha mersoa, Cancio, que levaba 14 anos traballando en política. Traballando quere dicir alomenos que era dos que se vía sempre dun xeito ou outro en cousas do concello, ou cargos visibles a nivel superior,…

  • A banda ancha ven pola vía estreita

    Achégase a banda ancha ás parroquias. Ou alomenos, preténdese que se achegue. Os cartos, da reserva da Biosfera do Eo e Terras de Burón. O método, a empresa privada. Ata aquí, vale. Que vai supor? Que puntos atrasados na implantación de acceso a internet se poñan ó día. Pero non que se poñan por diante.…

  • Manifesto “En defensa dos dereitos fundamentais en Internet”

    Ante a inclusión no anteproxecto de lei sobre a economía sustentábel das modificacións lexislativas que afectan o libre exercicio das liberdades de expresión, de información e o dereito de acceso á cultura a través de Internet, os xornalistas, blogueiros, usuarios, profesionais e creadores de Internet manifestamos a nosa firme oposición ao proxecto, e declaramos que…

  • De urbanismo

    Parece que a actualidade vai por parcelas, segundo (e seguindo) modas, quizáis disparada por algunha nova particular. Este fin de semana saltou á palestra a orde de derribo de 50 viventas na Guarda, e pode que ese sexa o motivo de que a actualidade ribadense hoxe esteña dominada polo urbanismo, despois dun pequeno acicate local…

  • Érase unha torre…

    Cando en Ribadeo se fala da torre, estáse a falar da torre dos Moreno. Non porque non existan outras, senón porque non necesita calificativo a pesares de que o leve sempre. É ese monumento o que leva longo tempo, toda a súa vida, arrastrando un defecto de construción: o uso de area de praia, logo…

  • A nazón galega

    Hai tempo que tiña a idea sen definir. Por iso sorprendeume gratamente atopar a entrada de im-puso “Natio y nación, ignorancias y cegueras‘, que define exactamente o que tiña en mente.