-
Obras para unir e separar Institutos
A nova de que foron 60 as empresas que se presentaron para realizar as obras no actual IES Dionisio Gamallo Fierros deixa un pouco pensando o por que de tantas empresas. Hai que lembrar que, sen construír pabellóns como neste caso, as obras do cuartel da Guardia Civil viñan publicitadas na prensa por máis dos…
-
Falando da ría e da súa consideración futura
Onte foi inaugurado o centro de interpretación da ría, en Castropol. É de esperar que de aí xurda unha mellor comprensión do que a ría significa, e que redunde nunha mellor consideración e máis coidado no seu trato. Ademáis, houbo verbas relacionada co tratado na última xuntanza polo momento da Mesa de Asociacións, pois insinuouse…
-
Fila cero no concerto da Banda de Ribadeo en favor de Haití
Banco Pastor, nº conta: 0072 0207 11 0000104948. O concerto, mañá.
-
Manifestación en Santiago
Hoxe haberá ribadenses manifestándose en Santiago en contra da nova normativa sobre as linguas. Coido que a miña postura está clara en contra dela, pero mellor que argumentar direitamente, prefiro deixar dúas ligazóns, unha ao borrador e outra ós comentarios da Real Academia Galega. Como outras veces, despois de ver o derradeiro post de im-pulso,…
-
Sobre o pleno de 20100118 (II)
Sobre o pleno de 20100118, parte 1ª. O punto seguinte foi a ordenanza de verquidos, cuxa actualización parece ser que esixe a Xunta. é neste punto onde se aplicou o que dicía UPRi días atrás na prensa de duplicidade de cobro pola taxa de depuración, mantendo un pequeno turno de explicacións, rematando cunha votación de…
-
CONCERTO BENÉFICO DA EMMDR A FAVOR DE HAITÍ
O VENRES 22 ÁS 20.30 HORAS NO AUDITORIO HERNÁN NAVAL Organizan: Concello de Ribadeo, Escola Municipal de Música e Danza e as asociacións Amadores da Música e Musiqueando. Entrada: 5 € Fila 0: conta aberta no Banco Pastor. O diñeiro recadado irá destinado á Cruz Vermella Colabora…todo o que poidamos facer é importante. Anteriormente no…
-
Sobre o pleno de 20100118
14 persoas, no punto de maior ocupación, estiveron onte no pleno como observadores. Os puntos, quitado o de aprobación de actas anteriores ó comezo e rogos e preguntas ó final, foron sobre resolucións de pago da alcaldía, deixación sen efecto de resolución anterior sobre a travesía cedida por fomento, e o acordo de aprobación do…
-
Concerto benéfico en favor de Haití
Despois de saber que se ía celebrar, hoxe houbo unha rolda de prensa e foron publicadas notas polo concello e polo Blog ‘recuncho da escola e da banda’ sobre o concerto, previsto para este venres, 22 de xaneiro, ás 20:30 no Cine-teatro.
-
Nova xuntanza da Mesa de Asociacións de Ribadeo
O sábado tivo lugar unha nova xuntanza da Mesa de Asociacións. Copio e pego a nota de prensa dente o blog de O Tesón, non sen antes lembrar que hoxe hai pleno, do que non foi ampliamente difundida a orde do día. O pasado sábado 16 tivo lugar unha xuntanza da Mesa de Asociacións co…
-
Pleno o luns
De novo nos enteramos a cidadanía da existencia dun pleno por un punto concreto que sae na prensa. Neste caso, arredor da recuperación de nichos por parte do concello (a lembrar que os lugares no cemiterio son de propiedade municipal, sendo cedidos por arrendamento de pago único a 99 anos, o máximo permitido pola lei…