Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.486 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Unha observación sobre o estado das árbores

    Unha foto de observación sobre o estado do tronco das árbores que estes días se cortaron na rúa peonil.

  • De novo, o ISM

    Cando comeza unha polémica, o normal é que non pare de xeito inmediato, senón que coletee, e que saia á luz novos datos. Así parece estar a pasar co ISM, que saiu no blog hai un par de días e suscitou aclaracións en forma de comentarios sobre a súa situación. Agora volta a saír na…

  • Do tempo

    De novo, críticas ós meteorólogos sobre a previsión do tempo. Aparecen polas últimas choivas a fin de semana. Pero xa van sendo unha crítica periódica, ben polos hostaleiros, polos políticos ou por quen toque no momento. Aquí xa teño deixado algunha vez a comparación entre as previsións de meteogalicia e o instituto meteorolóxico nacional, e…

  • Instituto Social da Mariña

    Na foto, o nivelado da base do peirao de Mirasol, tomada a semana pasada. Alerta UPRi de que Ribadeo está a piques de perder a delegación do ISM que mantén na Casa do Mar, e propón tomar medidas preventivas. É de supoñer que a información sexa certa e que se teña pensado pechar a curto…

  • Sen Nenó

    Únome ó sentir de moitos dando a despedida a Nenó, José Duarte Díaz, concellal en Ribadeo dende os oitenta, o máis antigo da actual corporación. Pero non por eso, senon porque coido que era unha boa persoa. A nota do concello. A nota da COPE. Entrada na Galipedia.

  • Adeus ás árbores

    Onte a mediodía apareceron cortadas as árbores da rúa peonil. É pouco o que tarda en facer unha tala de árbores novos, e abondo o que tardan en medrar. É certo que algunha das árbores xa fora arrasada por vándalos, pero en xeral aínda fornecían unhas florificacións curtas pero fermosas. Xa non. A cousa ven…

  • Haití, de novo

    Unha iniciativa do alcalde pretende acoller nenos haitianos en Ribadeo de xeito transitorio. Os poucos detalles que da a nova de prensa do concello sitúan a iniciativa en algo factible, se ben non de xeito inmediato. Un grao de area máis no tema da catástrofe haitiana, que non pode facer esquecer a cuestión de fondo:…

  • Programa do antroido

    Aínda falta para o antroido, pero os programas xa están listos. O título do post, antroido, é como eu o chamei sempre, pois coido que entroido é máis ben cara ó sur (aínda que nos diccionarios sexa o termo preferido), e aquí o nome que xa estaba sendo usado sobre todo era o castelán, carnaval…

  • 1800 €, 3/4 de entrada

    Ise foi o resultado do concerto en favor de Haití. O listado de obras e as verbas de Suso López: Libertango – A.Piazzolla, interpretada polo Grupo de profesoras/es da EMMeD de Ribadeo Casiñas brancas (habaneira de Ribadeo) – Tradicional, por ‘Moitas máis que dúas piano ensemble’ Halo – Beyoncé, polo Grupo de Danza da EMMeD…

  • Reis 2010

    Decátome de que non deixei constancia do programa de Reis. aínda que demasiado tarde, déixoo á beira .