Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.573 posts
46 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Sobor da sanidade pública

    Aparece hoxe a nova de que a plataforma pola sanidade pública logrou un pleno de asistencia nun acto convocado en Ribados do Sil, ó sur da provincia. Mentras, en Ribadeo, tamén houbo cheo, pero non por xente do concello, senón por afiliadas ó Sindicato Labrego Galego, que celebraba este fin de semana no Voar unha…

  • Das novas árbores en Rodriguez Murias

    Despois do xaleo montado este ano a conta das árbores da rua peonil, a plantación de novo en toda a liña da rua a outra semana devólvelle á rúa un aspecto máis común, parello ó que tería coa vexetación anterior nestes meses. Non sei se zanxará a polémica, que xa foi moito a menos, pero…

  • Unha invitación da concelleira de cultura: transmisión

    Mariluz Álvarez Lastra Concelleira de Cultura, Educación e Muller Ten o pracer de convidar a vostede á entrega de premios aos guións finalistas e presentación da curta “ A princesa que quería ser muller“gañadora do concurso de guións cinematográficos, “ Cine nas aulas contra a violencia de xénero” que se realizará co motivo da conmemoración…

  • A liberdade de cada quen…

    A liberdade de cada quen chega ata onde comeza a dos demáis. Pero para ser equitativos, as áreas de cada unha das liberdades deben ser semellantes. En cambio, a área de liberdade de cada un, que medra coa técnica, vese mermada polo poder dos demáis (ou acrecentada polo propio). E, se hai épocas nas que…

  • De novo, impulso

    Remato de ler dúas entradas seguidas no blog Im-pulso que recomendo a quen se pase por aquí. Son unha relacionada cos mangoneos sobre Garzón e outra sobre a intrusión na privacidade de sesgo de posibilidades dependendo das persoas e o seu poder.

  • Lido na rede

        Corto e pego do blog VIDA SOCIO-POLÍTICA EN RIBADEO:  “No deja de extrañar, eso sí, el hecho de que el ente Portos de Galicia esté dispuesto a ofertar a ENCE una importante rebaja de las tasas por la utilización de sus instalaciones. La primera lectura que este hecho nos sugiere es que Portos de…

  • Un conto de Primi Nécega

    Primi Nécega Era la Noche de Reyes, bella pero fría, llena de gentes por sus calles de alumbrados y estrellas, con grandes anuncios luminosos y villancicos entrañables. Un hombre de mediana edad camina con una bolsa de plástico en su mano, al mismo tiempo que mira con curiosidad escaparates y tiendas que esta noche son…

  • Nota de prensa de O tesón

    AVV O Tesón Ribadeo Nota de prensa Mañá domingo, 7 de marzo de 2010, no Hotel Voar de Ribadeo, terá lugar unha mesa redonda sobre a Sanidade Pública na actualidade en Galicia. Dito acto está convocado por diversas entidades, plataformas e sindicatos, entre as que se atopa O Tesón como participante na Plataforma en Defensa…

  • 3 semanas

    E contando onte van 3 semanas sen ensaio da banda en Ribadeo. A situación creada pola reincorporación do director de escola e banda e a negativa de amadores a que seguira ensaiando a banda da que é director titular por convenio co concello polo momento non se soluciona. Ata agora é algo así como unhas…

  • A EXPOSICIÓN DO FORTE DE SAN DAMIÁN

    Primi Nécega Presentase esta exposición. Cunha participación de artistas da mariña, e como ben dice nese librito, que nos dan, negro e verde con dibuxo dunha mazá -que case apetece comela- co seu título a carón : “Abrindo surcos no contemporáneo”. Nunca mellor dito, por eso non quería pasar sen ir vela. Coido que foi…