Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.486 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Unha nova etapa para a banda

    Noi sei moi ben se se pode cualificar así, pero en certo xeito, é o que significa. Despois de catro semanas sen ensaios (debido á incorporación de Lourenço Cruz ó seu posto o 18/2) nunha xuntanza mantida hoxe venres ás 9 da noite no salón de actos da casa do mar (atención, non asamblea de…

  • Veto

    Unha nova que se me escapou xa hai días pon na boca dun representante de Esquerda Unida na comunidade viciña a posibilidade de veto por parte do Principado ó dragado de Mirasol. A parte de manifestar o carácter totalmente político, máis que de razóns económicas directas do asunto na actualidade e xa hai tempo, e…

  • Actualidade

    A xuntanza relacionada coa Sanidade Pública mantida antonte en Lugo xa parece arrumbada a día de hoxe en Ribadeo. Non porque pasaran os temas e xa parezan sen importancia, nin moito menos, senón porque onte mércores parece que estouparon un par de cuestións no noso pobo. Aí van, aínda que soio sexa a modo de…

  • Leite ‘galego’

    … é un dicir: non só é que o 40% da leite que se produce en Galicia sexa xa procesado por industrias de fóra da península, senón que ‘en mans galegas’ só queda o tratamento do 20% do leite que se produce en Galicia. É dicir, pódese prever máis crise para o sector de producción…

  • Toro fallecido

    Boimorto… para os galegos. Un pouco por vergoña allea, outro pouco por consideralo un episodio para esquecer, non me parara no blog a adicarlle un espazo a ‘Desván de los Monjes‘, que o de Sobrado debe soar mal. Despois de recibir o tema por varios correos diferentes, varío de opinión. Vaia cachondeo que se traen…

  • A princesa que quería ser muller

    Onte, dentro dos actos relacionados coa muller en Ribadeo, celebrouse a entrega de premios das curtas realizadas por estudantes dos centros educativos de Ribadeo sobre o tema da violencia de xénero. As autoras de cinco guións foron agasalladas (coido que todas eran rapazas) entre os 19 guións propostos, e foi amosado o vídeo gravado a…

  • Unha sociedade defínese non só polo que crea senón tamén polo que decide non destruír

    Hai xa máis dun mes que sucedeu; procurei deixar un tempo para velo en perspectiva, pero coido que sigo a opinar o mesmo: http://www.elpais.com/articulo/Galicia/desmilagre/Adolfo/Dominguez/elpepuespgal/20100205elpgal_24/Tes A ter en conta que Adolfo Dominguez ten recibido axudas públicas por abondos máis cartos que levo de salario na miña vida (só no para anterior par de anos, a bote…

  • Sobor da sanidade pública

    Aparece hoxe a nova de que a plataforma pola sanidade pública logrou un pleno de asistencia nun acto convocado en Ribados do Sil, ó sur da provincia. Mentras, en Ribadeo, tamén houbo cheo, pero non por xente do concello, senón por afiliadas ó Sindicato Labrego Galego, que celebraba este fin de semana no Voar unha…

  • Das novas árbores en Rodriguez Murias

    Despois do xaleo montado este ano a conta das árbores da rua peonil, a plantación de novo en toda a liña da rua a outra semana devólvelle á rúa un aspecto máis común, parello ó que tería coa vexetación anterior nestes meses. Non sei se zanxará a polémica, que xa foi moito a menos, pero…

  • Unha invitación da concelleira de cultura: transmisión

    Mariluz Álvarez Lastra Concelleira de Cultura, Educación e Muller Ten o pracer de convidar a vostede á entrega de premios aos guións finalistas e presentación da curta “ A princesa que quería ser muller“gañadora do concurso de guións cinematográficos, “ Cine nas aulas contra a violencia de xénero” que se realizará co motivo da conmemoración…