Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.424 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Pensando en ti, Lola

          Esta mañá ó abrir o correo atópome un agasallo: un poema inédito do Viejo Pancho, ó que me teño referido algunha vez. Chegou a min via Paco Trelles, neto do Viejo Pancho, quen cando visitou Ribadeo en setembro de 2007, con motivo do 150 aniversario do nacemento do seu avó (7 de maio…

  • Agora si, urbanismo?

    Deixo isto para ser publicado ás 11 da mañá. A esa hora, reúnese a comisión de urbanismo segundo unha nota do concello. O obxectivo declarado, seguir a avanzar no PXOM. Algunhas ligazóns a artigos anteriores: Para o pxom, do anterior blog As primeiras páxinas do pxom Da música ó PXOM O pxom de Ribadeo, revisitado…

  • Hoxe, día internacional de concienciación sobre o ruído

    Non sabía que existira, pero si. O último mércores de abril, neste ano o 28 de abril, é o Día Internacional de Conciencia sobre o Ruíido, establecido dende 1976 pola Liga para o Deficiente Auditivo, con sé en Nova York. E unhas cantas ligazóns a modo de lembranza: http://ruidos.org/; http://ruido.pbworks.com/, ou mellor (aínda que haxa…

  • Republicado o libro da Semana Santa

    Por fin foi. Xa está na rede o libro desta Semana Santa (polo momento sen tapas), en Publicado en Ribadeo, por xentileza dos Amigos da Semana Santa, David e Gráficas Ribadeo. (na realidade, no grupo de ‘Ecos de la Parroquia‘)

  • Mil nais en Ribadeo?

    O domingo o CCA repartirá mil caraveis en Ribadeo ás nais, para celebrar ese día como corresponde á súa institución comercial como día da nai. En Ribadeo, 10 000 habitantes, entre nais e nais de nais (ó fin, nais) duplican esa cifra. E como centro comercial, virá algunha máis á mercar. Quedarán sen fror? Como…

  • Música, maestro

    Hoxe a nova de prensa en Ribadeo é a resolución do expediente ó director da EMMR e tamén por convenio da banda, Lourenço Cruz, algo esperado para desatrancar unha situación anómala na escola de música dende hai xa 8 meses, e que se complicou coa incorporación (e baixa nuns poucos días) de Lourenço tras o…

  • De importancia para Ribadeo? Bronca segura

    Despois de finalizar o prazo para presentar candidaturas á presidencia da Asociación de Comerciantes (ACISA) / Centro Comercial Aberto (CCA) de Ribadeo, só unha lista: Francisco Iriarte (Gráficas Ribadeo) – presidente Ramón Leivas (Garaxe San Andrés) – vicepresidente Roberto Rivas (Restaurante Marinero) – secretario Mar Torviso Verdeal (Opticalia) – tesoureira Vogais, Manuela Torviso (Lencería Torviso),…

  • 24 e 25 de abril

    Parece unha casualidade que onte, 24 de abril houbera manifestacións en todas as principais cidades españolas a favor de Garzón (perdón, da súa actuación) e hoxe, 25 de abril, sexa o cabodano da Revolución dos caraveis. Hoxe a Banda Municipal de Ribadeo vai tocar á Cadeira na festa do San Marcos. Tocará Grândola, vila morena?…

  • No auditorio Hernán Naval, coa memoria

    Despois da entrada anterior sobre o tema da memoria dos oficios, e co previo do pasado ano de Memoria de muller, algunha foto da presentación onte do vídeo resultante. A primeira, do cartel que se puido ver polo pobo, dúas sinxelas follas impresas, das que unha era unha atractiva imaxe sobre os oficios presentados. Outra,…

  • Violencia de xénero versión 2010

    Hoxe dan comezo as xornadas de violencia de xénero. xerán hoxe pola tarde e mañá no Parador de turismo, e a diferencia doutros anos, máis institucionais, no presente parecen estar máis dirixidas ás persoas que poden actuar máis direitamente sobre o tema é á poboación que pode resultar máis direitamente afectada.