-
Á beira da ponte dos Santos e á súa sombra
Á beira, un esquema da parte máis externa da ponte dos Santos sobre a ría de Ribadeo. De esquerda a dereita vese a calzada dos vehículos, a protección que a limita, unha farola, o valado de separación co paso de peóns, o espazo do paso e a baranda. Cando se fixo a ponte, había unha…
-
Son forte
Son forte. Sonrío. Estaba lendo a prensa e atopeime cunha cita, atribuída a Alphonse Daudet: “O odio é a cólera dos débiles”. Noutros sitios aparece traducido como furia, en troques de cólera. Non odio. Teño forza abonda como para estar seguro. Entendámonos: non se trata dunha seguridade material, ou mesmo de imposición de ideas. Non,…
-
Os grandes son os que van dentro
Onte foi a presentación do libro ‘Os Cocos de Ribadeo’. Coa Oficina de Turismo ateigada de xente, con algún destacado como Chole, porteador durante longos anos (un dos ‘grandes que van dentro’ aludidos na portada do libro) e facedor dun dos cabezudos -Mortadelo ou filemón, non me lembro agora-, Gilberto e Benjamín foron acompañados da…
-
Xullagosto
En Ribadeo, máis que falar do verán habería que falar do xullagosto: unha época que comeza con xullo e exténdese algo máis aló do fin de agosto, abranguendo en certo xeito todo o que duren as festas patroais. Así, hoxe, 16 de agosto, marcaría un difuso comezo do último cuarto extendido do xullagosto ribadense. Aquel…
-
O centro da ría de Ribadeo
Dicir cal é o centro dunha ría non é doado. Non só porque pode haber diferentes criterios de definilo, que levan a puntos tamén diferentes, senón porque a marea fai que o centro se poda considerar variable, viaxeiro dentro dunha zona. Así, o ‘centro’ convírtese tanto nunha especie de elección persoal como nunha referencia. No…
-
Segundo candidato á alcaldía de Ribadeo
O primeiro, supónse dereitamente que polo BNG é o alcalde. O segundo xurdiu como confirmado antonte pola tarde, polo PSOE, o xa exalcalde polo BNG, Eduardo Gutiérrez, ‘Lalo’, que levará nas eleccións 16 anos sen presencia no concello. Pode que moito tempo, se lle sumamos ademáis o cambio de formación política encabezada. De calquera xeito,…
-
A ría de Ribadeo, dende outro punto de vista
Poucos días despois de queixarme da pouca influenza da ría como noticia, de novo é nova a ría. Esta volta, a conto da visita do mandamáis de portos a Ribadeo, o futuro dragado da ría (90 000 m3, ver anteriores citas dispersas en artigos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, …), a obriga de…
-
Unha nota sobre ‘O ceo de noite, o ceo de día’
Entre onte, 10 de agosto, e hoxe, 11, tiveron lugar as xornadas ‘O ceo de noite, o ceo de día‘. Onte a partires das 22:00, na Casa da ría de Ribadeo en Santa Cruz, tivo lugar a primeira sesión, na que se estudou o crepúsculo e a aparición das estrelas, comezando polas de maior magnitude…
-
O camiño de Santiago no entorno de Ribadeo, un par de comentarios
Hai anos que posteei noutro blog unha entrada relativa ó camiño de Santiago, que a mellorei con gráficos en pdf, ou que puxen na Mariña/El Progreso unha serie de tres artigos sobre o camiño. Retorno sobre o tema a conto dunha pequena escapada que fixen o outro día ata Lourenzá en bicicleta e volta, polo…
-
Un recuncho da ría
A ría de Ribadeo, como un todo ou en relación a partes, leva sido tema en moitos post no blog. Polo nome e a polémica arredor del, pero de xeito primario pola propia ría, as súas características, conservación, etc. E visto o visto, coido que continuará así. O pasado ano, unha vez pasado o verán,…