-
A quen beneficia o fracaso dunha folga?
Antes de mirar ningún medio informativo sobre a xornada de onte, a reflexión do título. Para min, a resposta está crara e foi un motivo de folga: a quen non lle afecta por non vivir dun salario. A quenes si lles afecta, a parte da presión que se pode conseguir, pódeselles aplicar a frase de…
-
Volta á situación normal?
Rematando o mes de volta da tregua veraniega, o perfil das novas en Ribadeo segue en pendente. Hai preparativos para a folga, pero tamén comezan de xeito continuado os reproches oficiais, sexa por non ter o Xulgado ou polo estado da estrada. Era de esperar que, co gradual enfrontamento previo ás eleccións, comezaran a xurdir…
-
O día 29 non se edita o blog
Só un aviso para dicir que non haberá entrada algunha o día 29. O día da folga xeral este blog sumarase a ela. Coido que as causas da folga están craras, polo que non ven a conto profundizar máis nelas. En canto a outras cousas relativas, como a bondade dos sindicatos, ou o facer folga…
-
Despois de 17 anos
A semana pasada apareceu na prensa a nova dun escrito relacionado co ruido en Ribadeo, que pode dicirse que xa foi contestado por once veciños de xeito anónimo e polo alcalde. Despois de 17 anos de aguantar ruído nocturno e ter acumulado unha morea de información e denuncias realizadas, ter sufrido artimañas diversas,…
-
Que tería pasado en Ribadeo con 17 concelleiros?
A conta da variación no padrón municipal, especúlase cunha certa posibilidade de que Ribadeo pase dos 10 000 habitantes de cara ás próximas eleccións. Iso podería cambiar algunhas cousas, din, baseándose no aumento de concelleiros que iso supoñería: o concello pasaría de ter 13 concelleiros a 17. Collo os datos do blog deixados nunha táboa…
-
Colgouse o cartel de non hai localidades
Onte déronse un par de curiosidades en Ribadeo. A primeira, que se pode titular, parafraseando a biblia, “o ordenador perdido e recuperado en Ribadeo”, foi exactamente iso: un ordenador que se perdeu e se devolveu porque foi anunciado que se perdera. O beneficiado da volta, un viaxante que prenoctou en Ribadeo, e todo o pobo…
-
20100920, pleno (II)
Despois da entrada anterior e a nota de prensa do concello sobre o pleno, continúo co pleno propiamente dito. No apartado de rogos e preguntas, entre outras moitas, apareceu unha resposta que está relacionada cunha pregunta do Tesón de hai algún tempo: a posibilidade de sacar o cadro do Viejo Pancho que está na antiga…
-
20100920 pleno. As preguntas de O Tesón
Como outras veces, comezo polo final dun pleno no que non houbo moito que resaltar. A contestación ás preguntas realizadas po1a AVV O Tesón foi realizada fóra xa do pleno propiamente dito, como está establecido. 1.Tendo preguntado xa anteriormente polos cadros posesión do concello en función dos depósitos a realizar polos expositores, e téndosenos dito…
-
Provisional
Deixo aquí, ata unha análise particular, a ligazón á nota de prensa do concello sobre o ruído nouturno: esta semana houbo movemento e será reflexado. Da prensa de hoxe: o que di Atalaia, e unha especie de ‘visión xeral‘
-
Preparando a semana
A fin de semana trouxo unha cea de protesta pola construcción desordeada en Barreiros, organizada polo grupo ‘Máis talento, menos cemento‘. O motivo é vario: recoller fondos, intercambiar ideas, trabar o comezo de novas actividades, … porque a loita contra o cemento continúa, igual que contra o ruído, ou outras moitas cousas que grupos pequenos…
