Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.424 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Concerto Sta. Cilla 2010 da BMR

    Deixo a carón o folleto de información do concerto de Sta. Cilla de onte (pódese ampliar a imaxe premendo co rato), e abaixo dous fragmentos de son. O concerto, no auditorio Hernán Naval, compensou o non chegar a media entrada coa calidade, que o público recompensou en xeito de aplausos. Churumbelerías, de Emilio. Cebrián Ruiz,…

  • De novo, o ruído

    En Burela, esta vez, con petición de cárcere e forte compensación económica. Mentras, en Ribado, a pesares da crise, a pesares da condena ó concello hai máis dun lustro, a cousa segue. Con menos intensidade, si, pero segue. Incumpríndose a insonorización, a obriga de manter portas pechadas ou o horario de peche. Incumpríndose o sacar…

  • Ribadeo virtualizado (II)

    Como coido que máis dun e/ou unha se quedou sen ver o correspondente á ponte dos Santos, fago unha entrada sobre o tema: (pinchade na imaxe e arrastrade de dereita a esquerda) É abondo menos impresionante na imaxe que a Torre, pero … De calquera xeito, velo sobre o mapa da ría da un efecto…

  • Ribadeo virtualizado

    Hoxe teño unha colaboración externa: unha persoa que contribúe a virtualizar o noso mundo para telo accesible dende o noso ordenador. Foi quen me ensinou que xa está no Google Earth a posibilidade de ver a Torre dos Moreno e a Ponte dos Santos en 3D, xirando e vendo dende enriba ou á beira, de…

  • Do pleno (aínda)

    Volto seguir o fío do pleno do pasado 15 de novembro para rematar. A ordeanza reguladora da axuda no fogar foi aprobada por unanimidade, pasando á modificación das taxas por auga, saneamento, lixo, piscina e vertedoiro de escombros. Son precisamente as taxas dos servizos que levan empresas. A todas aplícaselles o incremento de 1,15%, ipc…

  • Continuación da precampaña

    O establecido legalmente é a realización dunha campaña eleitoral. A partir de aí, os partidos agrandaron o nicho temporal de captación de votos de diversos xeitos, de forma que hoxe case pode falarse da campaña contínua, dunha a outra elección: non se goberna, estáse en campaña. A frase anterior é unha esaxeración premeditada, pero con…

  • Imposibilidade matemática

    Hai tempos, xa o teño comentado algunha vez no blog, no que os temas acumúlanse e é imposible tratalos de xeito adecuado, calmo, e cun mínimo de profundidade. Así, nesta entrada, non é que teña que deixar a presentación do libro sobre Vilaselán que hai esta tarde na Casa das Letras, ou que volva a…

  • Un momento … pero non había vidreiras aí?

    Nestes momentos xa se está a traballar para evitar a perda dun patrimonio ribadense. Unha denuncia, unha posta en contacto con O Tesón, chamadas diversas dende a asociación para entrar en contacto con representantes municipais, desconcerto inicial e actuación actuación decidida, e agora parece que as cousas van tomando un rumbo de recuperación do que…

  • 20101115, pleno (III)

    Despois das dúas entradas anteriores sobre o pleno e o inciso sobre as vidrieiras da capela do cemiterio, unha curta para non perder o fío do pleno de luns. O punto 5º da orde do día era relativo á aprobación do convenio con ACISA 2011-2013, que supón 12 000 €/ano e que inclúe cousas diversas…

  • 20101115, Pleno longo (II)

    … tanto que as preguntas do final non se contestaron: eran xa perto das 12 e os señores concelleiros pensaron que non había ninguén atendéndoas, polo que pediron que se pasara delas. Estaban equivocados (non quedaba ninguén ‘visible’ de O Tesón, pero si alguén esperándoas). Claro que, despois dun pleno de perto de 4 horas,…