Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

0 posts
26 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Un momento … pero non había vidreiras aí?

    Nestes momentos xa se está a traballar para evitar a perda dun patrimonio ribadense. Unha denuncia, unha posta en contacto con O Tesón, chamadas diversas dende a asociación para entrar en contacto con representantes municipais, desconcerto inicial e actuación actuación decidida, e agora parece que as cousas van tomando un rumbo de recuperación do que…

  • 20101115, pleno (III)

    Despois das dúas entradas anteriores sobre o pleno e o inciso sobre as vidrieiras da capela do cemiterio, unha curta para non perder o fío do pleno de luns. O punto 5º da orde do día era relativo á aprobación do convenio con ACISA 2011-2013, que supón 12 000 €/ano e que inclúe cousas diversas…

  • 20101115, Pleno longo (II)

    … tanto que as preguntas do final non se contestaron: eran xa perto das 12 e os señores concelleiros pensaron que non había ninguén atendéndoas, polo que pediron que se pasara delas. Estaban equivocados (non quedaba ninguén ‘visible’ de O Tesón, pero si alguén esperándoas). Claro que, despois dun pleno de perto de 4 horas,…

  • Procrastinar. Para unha historia da participación cidadá en Ribadeo.

    Comecemos a historia hai cousa de dous anos… O Tesón promove un estatuto de participación cidadá, preséntao á Mesa de Asociacións para tentar consensualo, e logo é presentado no concello. Ou comecemos aínda máis aló, hai perto de 6 anos, na primeira xuntanza das que se lle chamou ‘Mesa de Asociacións’, seguida dun intento continuo…

  • 20101115, Pleno

    Onte voltou a haber pleno. Antes de referirse ós puntos do día e a súa solución, coido que é preferible deterse un pouco no seu desenvolvemento en xeral. Chegou a haber no momento de máis público 14 persoas,despois de haber vairos retrasdos en entrar e comezar a saír xente pouco despois de unha hora de…

  • Prestige, onde estás? Nunca máis te voltaremos atopar?

    A fin de semana foime moi difícil publicar. Iso fixo que pasara o cabodano do Prestige ata o de agora. Outra razón foi esperar a ver o impacto na prensa. Ata o de agora, moi pequeno, aínda que supoño que cando chegue o equivalente ó momento do afundimento, a cousa irá a máis. Outra aínda,…

  • Servizo Galego de Saúde

    Co desprazamento do centro de gravedade de atención ós pacientes da costa dende Burela a Lugo, mellor, ó novo macrohospital no extraradio lugués (ver diversos artigos tanto neste blog como no de O Tesón), a falta de información, os diversos intereses, a mistura deste tema coa reforma da actuación xeral do SGS, etc, interrompen a…

  • José Vicente Pérez Martínez

    Resulta que o luns, en pleno municipal, tratarase dos aparcamentos ribadenses. Preténdese que pasen de ser gratuítos a ser unha zona ORA controlada por parquímetros, incluíndo a r/José Vicente Pérez Martínez. Comprobo que a rúa corresponde ó cacho de antiga estrada que pasa polo mercado (ocupando así a ORA todo o cuadrilátero da praza) e…

  • O perímetro de Ribadeo e a súa área

    O perímetro, uns 5,3 km. De xeito aproximado, a área, 1,77 km2. Isa é a área ‘real’ no que se pode ubicar Ribadeo-cidade. Aínda que se pode máis ou menos visualizar en Google (imaxe da dereita), obtense moito mellor no Sigpac, como se ve na imaxe (abaixo), e queda limitada pola vía do ferrocarril, a…

  • Atravesando a barra da ría de Ribadeo

    Onte, co temporal no mar, era difícil de atravesar a barra da ría. Outro día falaremos do que é a barra, pero hoxe, pediría imaxinar o que sería entrar un barco na ría a finais do século XIX, a vela, coa opción de quedarse no mar cun temporal e ondas semellantes a estas, tomadas ó…