Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.425 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Presentación de ‘La Colegiata de Ribadeo’ (II)

    Como estaba anunciado, venres tivo lugar a presentación do libro ‘La colegiata de Ribadeo‘. D. Jacinto fixo un comentario do libro parte a parte, e o autor, un repaso en particular da parte dorrespondente á historia máis antiga, resaltando que se o libro ten posibilidades de novelado, non é unha novela, senón un libro que…

  • Un apunte sobre o censo (electoral) de Ribadeo

    O documento aínda estaba exposto onte no taboeiro de anuncios do concello. Unha pequena curiosidade, a evolución do censo o pasado ano. Ou a observación, comparado co censo xeral, da procentaxe de menores de idade … Para ampliar, premer sobre a imaxe.

  • Comunicando a Mariña con…

    Xúntanse entre onte e hoxe varias novas sobre a comunicación na Mariña (na Voz). De oeste a leste, a primeira corresponde a Viveiro. resulta que a conta de obras que se van facer para a ampliación da ponte do ferrocarril, fixéronse medidas de tráfico e o resultado parece ser que nas tres saídas principias da…

  • Presentación de ‘La colegiata de Ribadeo’

    Terá lugar hoxe, xoves, ás 20:30 na casa das letras a presentación do libro, escrito por José Mª Rodríguez Díaz. Na mesa, o autor, o cura-párroco actual, D. Jacinto Edrosa e máis eu.

  • Unha entrada de La Voz de Galicia: ‘coacción cobarde’

    Coacción cobarde Trátase dunha cousiña pequena, que pode pasar desapercibida. Sinxelamente, non debera. Que ten cousas que son discutibles? Quizáis: en poucas palabras di moito estando dirixido a un subtema concreto dentro dos aspectos que parece quere denotar en conxunto. Asemade, coido que o último parágrafo é moi matizable. “Agazapados tras seudónimos, pero con inconfundibles…

  • O cobre está caro

    ‘Intento de roubo‘. Así titulaba o concello a nota de prensa que deu sobre a tentativa de mangar a conducción eléctrica que ilumina o paseo cara ó faro. O cobre é un dos metais máis usados do mundo, da construcción á fabricación de mquinaria, electricidade, fabricación de moedas, etc. é doado procurar na rede o…

  • Participando (III)

    — 4ª parte; 3ª parte; 2ª parte; 1ª parte — Se estás a ler isto despois das entregas anteriores (Participa, coño! 1 e 2), é que tes interese no tema. E un mínimo de información. Polo tanto, xa non se trata de chamar a atención cun titular malsoante, nin de facer ver que a pretendida…

  • Noite de Paz, pola coral polifónica

    Collo a ligazón dende o blog da coral polifónica:

  • O aumento do consumo en Ribadeo

    Unha alegoría fotográfica do consumo acelerado da nosa civilización, no noso concello: os depósitos que se poden ver nas fotos, en Noceda, non necesitan de explicación complementaria. Foron construídos para alimentar á mesma poboación, dun xeito sucesivo, en catro fases. A necesidade de auga, sinxelamente, considerouse que aumentou. O feísmo é patente, pero non se…

  • Comeza o entroido: unha invitación

    O entroido comeza co pregón o sábado próximo…