-
Deconstruíndo a construción en Barreiros
O Sábado 26 tivo lugar unha mesa redonda de ‘Máis talento, menos cemento’ no centro sociocultural de San Cosme. A afluencia non foi ampla: unhas sesenta persoas nun salón no que estaban dispostas case o dobre de cadeiras. Novidades tampouco houbo moitas. Pero coido que pagou a pena estar as dúas horas de conversa,…
-
Novo goberno
Xa non fan falta sondeos. Está cantado. Tampouco fan falta eleccións. Xa temos o novo goberno para o futuro, salvo unha revolución. Trátase do goberno dos 42. Xa non chegan as empresas do IBEX, e xa temos as fotos de familia. Mesmo xa hai presidente, se ben, claro está, non é electo, senón autodeclarado. Emilio…
-
Inaugurando a EDAR de Ribadeo: algunhas cousas
Onte inaugurouse a EDAR de Ribadeo. Coido que unha entrada anterior xa expuxen algo sobre o tema, pero poderían dicirse moitas cousas máis. Por exemplo, deixo abaixo as intervencións do alcalde e do Presidente da Xunta (precedidas pola intervención dun técnico da empresa e o conselleiro), lembrando que son ditas pouco antes das eleccións municipais,…
-
Colaboración
Onte aparecía na prensa a colaboración futura entre Salvamento marítimo e a vixiancia antidroga. Igualmente daba a nova de que a xente a AEAT poñerá recursos para colaborar contra a contaminación. Está claro que unhas axencias ou dependencias públicas teñen máis recursos que outras, e aínda que así non fora, tamén estaría ben mellorar a…
-
A ver se o entendo
Aparece na prensa que ‘Hernández afirma que los desmanes del urbanismo en Barreiros “no son únicos”‘, é dicir, que o Conselleiro Agustín Hernández, a punto de argallar (que non amañar) a legalización puntual dos ‘desmanes’ urbanísticosen Barreiros, en dicindo isto, deixa outros semellantes (iso si, que necesitan menos cartos para ser amañados) na cuneta. Salto…
-
Acumúlanse os traballos
Esperei unha tempada para poñer esta curta nota. Hai xa tempo que se mandou taxativamente tirar altura dun edificio construído por G. Cao na r/Recarei. De feito, segundo os medios, o alcalde debera ter pagado xa case un ano de multa mensual por non telo feito. Non debe ser así porque se deu algún paso.…
-
E onte, pleno
Con pouca asistencia, e menos despois do ecuador, tivo lugar onte un pleno longo en puntos, de duración 2h e media ó que faltou Horacio Cupeiro, contando pois o BNG con só tres edís no mesmo. O pleno non foi polémico, senón máis ben de acordos xerais e outros de xeometría variada respecto a anteriores…
-
Presentación do libro de homenaxe a Daniel Cortezón
O acto do sábado 20110319 para a presentación do libro homenaxe a Daniel Cortezón fixo que o salón de plenos do concello estivera cheo a rebosar: 150 persoas que mantiveron a espectativa ó longo do máis dunha hora que durou, despois dun retraso de inicio pola espera do Subdirector Xeral de Bibliotecas e director da…
-
Hoxe hai pleno
Si, pero estará enterado dos puntos da orde do día quen sexa…
-
O día da muller, en diferido
Xa deixei no seu momento unha pequena reflexión sobre o cambio de datas dalgunhas celebracións debido ós cambios no calendario doutras. Onte por fin celebrouse o día da muller en Ribadeo coa actuación de varios grupos no concerto unindo voces pola igualdade: Alesancia, Maktubikan, Habelas hainas e A lei de Hooke. A entrada, case cheo.…
