-
1984? Completamente superado.
1984 foi un icono literario emblemático dun futuro a evitar. Agora que a técnica avanza que é unha barbaridade, non só foi superado xa ese ano como tempo, senón que tecnolóxicamnete se pode facer un ‘gran irmán’ moito mellor doque permitían a vella técnica da novela. E, se alguén non o cree, unha ligazón ó…
-
3 000 entradas …
… o dato apareceu ó facer unha comprobación nunha edición dun artigo: 3 000 entradas na actualidade, sen contar ista, que é a 3 001. Dende o 11 de agosto de 2005, é dicir, en 2057 días ata hoxe, 30 de marzo de 2011, e polo tanto cunha publicación de case 1,5 artigos/día. A lembrar…
-
Psicoloxía política
En Ribadeo xa non se pode inaugurar máis. A normativa electoral é así. Iso dificulta o facer outro tipo de anuncios semellantes. Logo … logo hai que procurar outro xeito de anuncio. Por exemplo, a presentación das candidaturas. O tema arrancou xa hai tempo, coa designación de candidatos, que se foi espallando no tempo pero…
-
Deconstruíndo a construción en Barreiros
O Sábado 26 tivo lugar unha mesa redonda de ‘Máis talento, menos cemento’ no centro sociocultural de San Cosme. A afluencia non foi ampla: unhas sesenta persoas nun salón no que estaban dispostas case o dobre de cadeiras. Novidades tampouco houbo moitas. Pero coido que pagou a pena estar as dúas horas de conversa,…
-
Novo goberno
Xa non fan falta sondeos. Está cantado. Tampouco fan falta eleccións. Xa temos o novo goberno para o futuro, salvo unha revolución. Trátase do goberno dos 42. Xa non chegan as empresas do IBEX, e xa temos as fotos de familia. Mesmo xa hai presidente, se ben, claro está, non é electo, senón autodeclarado. Emilio…
-
Inaugurando a EDAR de Ribadeo: algunhas cousas
Onte inaugurouse a EDAR de Ribadeo. Coido que unha entrada anterior xa expuxen algo sobre o tema, pero poderían dicirse moitas cousas máis. Por exemplo, deixo abaixo as intervencións do alcalde e do Presidente da Xunta (precedidas pola intervención dun técnico da empresa e o conselleiro), lembrando que son ditas pouco antes das eleccións municipais,…
-
Colaboración
Onte aparecía na prensa a colaboración futura entre Salvamento marítimo e a vixiancia antidroga. Igualmente daba a nova de que a xente a AEAT poñerá recursos para colaborar contra a contaminación. Está claro que unhas axencias ou dependencias públicas teñen máis recursos que outras, e aínda que así non fora, tamén estaría ben mellorar a…
-
A ver se o entendo
Aparece na prensa que ‘Hernández afirma que los desmanes del urbanismo en Barreiros “no son únicos”‘, é dicir, que o Conselleiro Agustín Hernández, a punto de argallar (que non amañar) a legalización puntual dos ‘desmanes’ urbanísticosen Barreiros, en dicindo isto, deixa outros semellantes (iso si, que necesitan menos cartos para ser amañados) na cuneta. Salto…
-
Acumúlanse os traballos
Esperei unha tempada para poñer esta curta nota. Hai xa tempo que se mandou taxativamente tirar altura dun edificio construído por G. Cao na r/Recarei. De feito, segundo os medios, o alcalde debera ter pagado xa case un ano de multa mensual por non telo feito. Non debe ser así porque se deu algún paso.…
-
E onte, pleno
Con pouca asistencia, e menos despois do ecuador, tivo lugar onte un pleno longo en puntos, de duración 2h e media ó que faltou Horacio Cupeiro, contando pois o BNG con só tres edís no mesmo. O pleno non foi polémico, senón máis ben de acordos xerais e outros de xeometría variada respecto a anteriores…