Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.425 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Chove a cántaros. Obras, tamén choven

    Actualización a media mañá: a segunda foto compleméntase con que por fin a obra pendente no CIFP Porta da Auga vai ser reprendida, e o edificio deixará de ser un cadáver despois de xa abondos anos para irse parecendo máis e máis a un edificio público. Están metendo barracóns de obra da empresa que vai…

  • Sabes o que é ‘Españistán’?

    Un país de ficción nun vídeo … unha explicación de ficción para tomala en serio ou de coña.

  • Unha idea de O Tesón. Comunicado

    AVV O Tesón Nota de prensa Ribadeo, 20110528 Unha semana despois das eleccións municipais, a situación política en Ribadeo comprende dous partidos cun só representante. Nun dos casos xa se propuxo publicamente dende o primeiro momento a renuncia á súa acta da persoa electa, e no outro, ó longa da semana, xurdiron na prensa e…

  • 6 euriños, por favor… son para salvar a Telefónica ….

    Dádeme 6 euriños cada un para salvar a Telefónica … necesita un ERE urxente para sobrevivir … tede piedade dunha sociedade que o ano pasado só gañou 220 € por cada un de nós … apiadádevos, 6 euriños máis … Que és emigrante? apiádate igual, Telefónica é internacional. Que és menor de idade? Telefónica pode…

  • Panem et circenses? Fútbol vs democracia!

    De todos é sabido que o fútbol move masas. Máis que a política, neste país. Agora, coa excusa de que o Barça pode ganar a copa, cara ó fin de semana desaloxan a praza de Cataluña en Barcelona, porque é alí onde se celebran estas festas, polo que parece. E tamén comezaron o desaloxo en…

  • Tomando o sol

    Inspección e correctivo: socorristas tomando o sol na praia das catedrais, non correcto, tick non recollido, bandeira azul denegada. Chaman a atención na páxina do concello dúas entradas consecutivas, visibles hoxe, sobre a praia das Catedrais. O cabreo pola perda dun título, o de bandeira azul, é patente, despois da sorpresa inicial. As cousas non…

  • 15M, IGaPE, o Deportivo, a mina, a ría …

    Xoves. As eleccións comezan a ser xa tema desfasado, e comezan a relocer as curiosidades, como que en Aduna o voto en branco fixo posible que non houbera alcalde. Ou que un movemento de cidadáns en branco sitúase como forza política a un certo nivel. Ou localidades nas que un partido copou a alcaldía. As…

  • Pospolítica como política postelectoral

    Unha vez que falan os números, as consideracións políticas soen cambiar de aspecto. Tanto en xustificacións como en temas, pasando tamén por actitude. A nivel local ou nivel estatal e máis aló. Non importa. Estamos ante unha pospolítica, pois a ‘política’ en si, a xusto anterior, xa non serían as relacións e actividades de goberno,…

  • Distribución de votos nas parroquias

    Antes de nada unha nota: Os números que me pasaron non coinciden cos provisionais, por pequenas diferenzas, no BNG e na UPRi. Como as diferenzas non son representativas, faigo o gráfico con istes datos detallados. A táboa manifesta que o BNG ganou en tódalas mesas exepto na A do cine-teatro, que foi para o PP.…

  • Flecos electorais e lista de concelleiros electos

    Despois dunhas eleccións, sempre queda o facer xogo cos números resultantes. Segundo as táboas xa postas, a maioría absoluta do BNG vese respaldada por 93 votos extra: con 2596 votos perdería o 7º concelleiro en favor de UPRi. Dun xeito alternativo, tamén o perdería se estoutra formación obtivera só 28 votos máis, 769. A lembrar…