Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.456 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Pleno en Ribadeo

    Extraordinario, si (os ordinarios, os segundos luns de mes impar, por defecto, que soe sufrir variacións), pero avisado aínda que non coa orde do día, si con abonda claridade para que todo o mundo se entere. O sábado, xente participando no movemento 15M entregou ó alcalde unha carta, onde figuraba a petición, entre outras, de…

  • As cruces 2011

    Tres fotos para o resume dunha celebración que se quedou este ano a medias polas constriccións de lugar e acceso pola construcción da nova ponte. Momento de xuntanza das bandeiras das sete parroquias O bandeo A procesión

  • Xa fixemos a nosa función, agora a descansar …

     A nosa función? votar. Estamos nunha democracia representativa, non? Unha volta elixidos os representantes, nós tranquilos, xa estamos representados. Ata dentro de catro anos na vía municipal. A perda de dereitos asociada a ese xeito de actuar é evidente. Era aló polo 2005 cando a un alcalde, nunha mesa redonda no salón de actos da…

  • Hoxe, unha visión diferente da ponte de Arante

    Por baixo da ponte nova, aínda con piares no plano. Ó fondo, a pasarela provisional. A ponte de Arante está fastidiada dende a riada de hai un ano. A anterior constuíuse no 1945, despois de ser destruída por outra riada no 1941. A pasarela, coa baixada e a parte remendada. Esta ponte terá un só…

  • 19 de xuño, en Ribadeo

    Cartel ampliable Nota breve: será aquí, diante do concello, o próximo fin de semana (ás 12 da mañá o 19), a Asamblea cidadá, en marcha polo occidente asturiano e a mariña lucense. Pola tarde, en Lugo, xuntanza xeral/manifestación. Despois da constitución do concello, Fernando recibiu unha mensaxe aportada por un grupo de participantes na asamblea…

  • Un novo alcalde de Ribadeo, vídeo

    Votación, toma de posesión e discurso de Fernando Suárez onte, na súa segunda investidura como alcalde. Interesante.

  • Por se non ides

    Por se non ides á constitución dos plenos hoxe (ou aínda que vaiades), algunha alternativa: O informe sobre actitudes de xénero no ensino na Mariña: camiñando á igualdade na diversidade. Liña de alta tensión: mira primeiro que necesidades hai, as vías, bosques, ríos, prados, … que atravesa, e vai mirar ó concello o proxecto. Entre…

  • Parte de algo máis longo

    Como continuación da entrada sobre a asamblea cidadá celebrada o pasado sábado en A Caridade, chegoume diverso material. Entre o que chegou collo dúas cousas para darlles difusión e achegar as ideas do momento, dun movemento que na zona, está en pañais: a carta-tipo a presentar ás novas corporacións e un grupo de reivindicacións. A…

  • Feitos (ou en todos os lugares cocen fabas, moitas veces, as de outros)

    Simplificando: 1.aparece unha infección de E.Coli en Alemaña. 2.a política de turno busca unha cabeza de turco. 3.os agricultores españois sofren as consecuencias sen comelo nin bebelo. 4.España di ‘non é culpa nosa’. 5.a política alemana procura novos culpables. 6.os ‘novos culpables’ tampouco son culpables. 7.reunión na UE para procurar un arranxo. 8.os da UE…

  • Sinais de cambio?

    Despois de longo tempo pedindo que se publiquen na web, que se de ampla difusión ós plenos, tanto antes (para favorecer a asistencia) como despois (para enterar  cidadanía), aparece un pleno claramente difundido na páxina web do concello de Ribadeo: — Ese día quedará constituída a nova corporación: Pleno o sábado O vindeiro sábado ás…