Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.489 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • A mortalidade subirá pola crise, tamén en Ribadeo

    Non facía falta que o dixeran os xornais. Máis tensión, menor protección, peor alimentación, en xeral vida menos saudable … apuntan na mesma dirección. E a cifra máxima que propoñen, 4 000 persoas/ano en España, paréceme pequena, só da orde dun 1% da mortalidade anual. Así, estatísticamente a Ribadeo tocaríalle cousa dunha morte máis ó…

  • Reinante – Ribadeo en FeVE

    Unha entrada visual para un domingo con choiva…

  • A loita polo xulgado continúa: nota de prensa de O Tesón

    De http://o-teson.blogspot.com/2012/03/loita-polo-xulgado-continua.html AVV O Tesón Nota de prensa Ribadeo, 20120303 O 31 de decembro de 2010 a AVV O Tesón culminou a recollida de sinaturas para pedir o retorno do xulgado a Ribadeo coa ‘foto’ dos representantes políticos e posterior entrega da documentación no concello. Asemade, deuse traslado directo a Madrid, ó Ministerio, das xestións…

  • Fun a Partenia, e gustoume

    (Artigo publicado o 19990728 en A Mariña de O Progreso) Fun a Partenia, e Gustoume. Sería un lema turístico como outro calquera, senón fora porque a tal Partenia é un lugar no norte de Africa, na actual Arxelia, que teño entendido que hoxe é ilocalizable. Nembargantes, existiu. Perante uns cantos séculos foi un lugar importante,…

  • Actividade veciñal

    Deixo a referencia a dúas actividades veciñais: A primeira, da Plataforma da comisión pro Residencia de Anciáns en Ribadeo. E é que, despois de asegurar hai varias semanas a Delegada Territorial da Xunta, Raquel Arias, que a primeira semana sería recibida a comisión, estamos a día 3 , cun fin de semana polo medio, e…

  • Casa da Xuventude

    Non é a primeira vez que lle adico unha entrada á Casa da Xuventude (aquí, por exemplo unha entrada de hai seis anos pensando que o seu uso ía comezar para a xuventude, ou aquí, cando levaba xa tempo sen inaugurar, ou aquí, preguntándome sobre o seu uso). Teño comparado moitas vecesno blog o seu…

  • Cantiga de Carnaval (Artigo de E. Lombardero)

    CANTIGA DE CARNAVAL E cousa ben sabida que os carnavales son tempos de festa pagana, onde os curas e monxas soen ser obxecto de sátiras mais ou menos orixinales. Pesie aos cambios democráticos estamos moi lonxe de vivir nunha sociedade onde haxa unha auténtica liberdade de expresión e as opinión críticas ou discrepantes abrollan por…

  • Revolta en Barcelona

    Unha pregunta: vexo nas fotos da revolta de Barcelona á policía dando caña, sempre en abondo menor número que a xente. Eso me leva a pensar que pasará cando a xente se revolva. Mentras, por referencia de Suso López, fíxome na portada incendiaria de ABC, e penso que ese momento está a ser pedido de…

  • Encaixando cartos coas caixas: en Galicia, máis.

    Onte vin en Im-pulso unha ligazón e seguina. O título do documento que descarguei e lin, “La financiación de las oligarquías provinciales en el apogeo y crisis del negocio inmobiliario en España. Una reflexión sobre las cajas de ahorros“, aínda que un moi técnico, día ás claras de que vai o tema. E non defrauda.…

  • + 5: resultado de novos roubos en Ribadeo

    Non deixa de resultar chocante a nova de prensa: os negocios nos que entraron non eran a primeira vista dos que soen ter cartos dentro cando están cerrados, e, de feito, non os tiñan a excepción duns poucos euros algún deles. Mais aínda así, entraron e revolveron. Os cacos ignoraron outros bens para levar, como…